Apunta a túa clase a Deputados por un Día! Cada ano, este proxecto convértese nunha actividade viva e par- ticipativa nos Parlamentos das diferentes Comunidades Autóno- mas españolas grazas ao acto Deputados por un Día. Se estás realizando este proxecto e traballando o valor da con- fianza, encantarache levar os teus alumnos a esta actividade tan interesante. Trátase de argallar un relatorio de non máis dun folio de extensión co que traballaron e reflexionaron sobre o va- lor da confianza para partillalo cos demais colexios participantes. Tamén vos pedimos que preparedes varios compromisos que os cativos propoñen adoptar para mellorar o valor da confianza: para confiar máis en si mesmo, nos demais ou no mundo, para que ningún neno medre illado. En cada Comunidade Autónoma participa unha escola por pro- vincia, que pode levar un número limitado de nenos para ocupar os escanos. Un voceiro de cada escola expón o seu escrito e compromiso no estrado e, logo de que todos leran, os nenos vota n o compromiso que máis lles gustou. Faise un reconto e preséntanse os resultados. Serdes deputados por un día é unha experiencia moi rica e par- ticipativa. Permítevos partillar un día con outros centros e ne- nos da vosa comunidade que, coma vós, estiveron traballando o tema da confianza. E teñen un enorme interese na educación en valores, como Aldeas Infantiles SOS. Se queres máis información ou directamente solicitar praza en Deputados por un Día, podes enviar un correo electrónico á coordinación do programa aquí. Ou chamares ao teléfono de asesoramento permanente: 670 696 5 88. 37