references
2 5
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
IN
M IN
6
Quen son eu?
Obxectivo: afondar nas nosas orixes familiares e culturais; solicitar información para sabermos de onde vimos e quen eran os nosos devanceiros, o que nos axudará a entendermos por que somos como somos e por que nos comportamos de certo xeito. É unha forma máis de entender a nosa orixe e a dos nosos compañeiros, así como de mostrarnos respectuosos co noso pasado e a diversidade. Ideas chave: solicitar información, analizar a historia e respectar as orixes. Recursos: cartolinas, rotuladores e copias de fotografías dos álbums familiares. Desenvolvemento: cada alumno entrevistará os seus avós e pais para obter información sobre as súas orixes: onde e cando naceron, cantos irmáns teñen ou tiñan, se tiveron que emigrar, se estudaron e que, se traballan ou traballaron e de que, cales eran as súas afeccións etc. Tamén lles teñen que pedir fotos para intentar ilustrar toda esta información. Logo, teremos que falar de que sucedía a nivel histórico naqueles anos no lugar en que medraron e viviron os nosos avós e os nosos pais, así como atopar tamén algunhas fotos daquela época por Internet. Con toda esta información, por último, teremos que confeccionar un póster co título de “Quen son eu?” Na casa: podemos seguir a “investigar” sobre as nosas orixes falando con máis familiares, buscando fotografías ou vendo vídeos antigos da familia, se os temos. Máis: podemos convidar algún avó á clase para explicar cal era o momento histórico no que naceu, a situación económica, os costumes, os gustos… É moi importante que sexamos conscientes do pasado e das nosas orixes para respectalas e entender quen somos e de onde vimos.
Prohibido burlarse. Palabras que doen.
Obxectivo: as palabras poden axudarnos a aumentar a nosa autoestima, pero tamén poden mancarnos, como sucede ao burlarse dos compañeiros. Palabras que xorden en décimas de segundo poden facernos sentir mal durante moito tempo. Evitalo é tamén unha mostra de respecto. Ideas chave: palabras, burla, responsabilidade, reflexión e regras de comportamento. Recursos: cartolina DIN A4, regra e rotuladores. Desenvolvemento: ás veces burlámonos ou facemos comentarios negativos sobre compañeiros sen sermos conscientes do dano que podemos estar a causar. O profesor iniciará unha campaña de “tolerancia cero” ás burlas, ás críticas ou aos insultos. Os venres pola mañá organizarase unha asemblea onde os alumnos poderán dicir se algún compañeiro lles dixo unha palabra fea, ferinte ou de mofa, sen dicir quen foi. O profesor elaborará unha táboa dividida por semanas e contabilizaraas. Explicarán por que esas palabras lles fan sentir mal, para que todos reflexionen. A semana en que ningún alumno reciba un insulto ou burla premiarase cunha tarde para realizar o que máis lles preste. Na casa: “tolerancia cero” tamén na casa. Falaremos cos nosos pais e irmáns. Intentaremos non utilizar palabras nin comentarios que firan ou que fagan sentirse mal; nin os adultos entre eles, nin entre os nenos, nin entre os adultos e os nenos. Na semana que consigamos cero insultos e burlas haberá un premio común, como ir ao cine, por exemplo. Máis: para que non queden dúbidas sobre que palabras nos fan sentir mal e tristes, elaboraremos unha “lista negra”. Cada alumno proporá unha palabra ou burla para a lista. O profesor escribiraas nunha cartolina e pendurarana nalgún lugar visible. 9
CURSO 2016-2017
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos