references
Foi fundada no ano 1949 e ten presenza en 134 países. O noso labor céntrase no desenvolvemento do neno ata que chega a ser unha persoa autosuficiente e integrada na sociedade. Traballamos para fortalecer as familias vulnerables, de xeito que poidan atender adecuadamente os seus fillos; protexemos os nenos que se viron privados do coidado dos pais, brindámoslles un medio familiar protector no que poidan medrar sentíndose queridos e respectados, e acompañamos os rapaces no seu proceso de autonomía e independencia. No mundo existen 573 Aldeas Infantiles SOS, coordinadas por SOS Children’s Villages International (Aldeas Infantiles SOS Internacional), que é a federación de todas as Asociacins nacionais de Aldeas Infantiles SOS e que atende un total de 58 866 nenos. Conta con 1883 centros e programas SOS, dedicados a residencias de rapaces, escolas, centros de educación infantil, programas de fortalecemento familiar e outros proxectos que atenden máis de 494 703 nenos, rapaces e adultos. Tamén ofrece 943 753 tratamentos médicos nos 76 hospitais SOS e conta con 726 395 beneficiarios nos 24 Programas de Atención de Emerxencias SOS no mundo.
ALDEAS INFANTILES SOS É UNHA ORGANIZACIÓN DE AXUDA Á INFANCIA, INTERNACIONAL, PRIVADA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, INTERCONFESIONAL E INDEPENDENTE DE TODA ORIENTACIÓN POLÍTICA.
EN ESPAÑA Aldeas Infantiles SOS está presente no noso país desde 1967. En 1981 constitúese a Asociación Aldeas Infantiles SOS de España, que coordina o labor a nivel nacional, e en 1983 é declarada de utilidade pública polo Consello de Ministros. A Presidencia de Honor osténtaa S.M. o rei Felipe de Borbón. Traballa actualmente en sete comunidades autónomas – Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Canarias, Cataluña, Galicia e Madrid - a través de: