references
2 49
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
R
2 50
R
Árbore de envases lixeiros.
Obxectivo: construír un símbolo da natureza e da reciclaxe entre todos nun espazo común. Comprender que o compromiso polo medio ambiente é un obxectivo compartido por todos, porque a todos nos afecta e incumbe. Manter a presenza dese obxectivo durante un tempo para afianzar o sentimento e o hábito. Ideas chave: sensibilización, compromiso, desexos e esperanza nun futuro mellor grazas á contribución de cada persoa do planeta. Recursos: tubos de cartón de rolos de papel de cociña, paus de vasoira, colgadoiros ou outros recursos para facer o tronco da árbore e as pólas, dun forma o suficientemente sólida. Corda, tesoiras… Desenvolvemento: trátase de crear unha árbore dos bos desexos e accións medioambientais do Centrocentro. A árbore estará feita con material reciclado no tronco e nas pólas, onde colgarán botellas de plástico ou latas de refresco que conterán mensaxes de apoio e compromiso. Na casa: poden escribir xuntos a mensaxe ou asinar en apoio do que se elixa. Máis: queredes ver un bonito mundo, san e vivo grazas á reciclaxe? Pois podedes entrar no xogo “Mini-mundi” de Ecoembes e comprobar como as vosas accións inflúen na saúde do voso pequeno planeta: ver ligazón.
Imán para a neveira: a miña familia comprométese coa reciclaxe.
Obxectivo: asumir o compromiso supón un paso máis alá da concienciación, é unha intención de actuar, de formar parte da solución a ese problema. Os nenos, unha vez comprenderon a importancia de reciclar, comprométense a levalo a cabo nos seus fogares e nun futuro, e de ensinarlles aos demais a facelo. Ideas chave: compromiso medioambiental, reciclaxe, aprendizaxe, transmisión de coñecementos, disciplina e hábito diario. Recurso: padrón para imáns (estampados nunha lámina). Impresoras ou cores para personalizalos. Desenvolvemento: os nenos colorearán o seu imán ou completarán un padrón co apelido da súa familia. O obxectivo é crear un imán para a neveira da casa que diga “nesta familia reciclamos” ou “a familia Castro si recicla” ou “comprometémonos a reciclar”… Deste xeito amosarán o seu compromiso e o de ensinarlle a toda a súa familia a facelo ben. Non só significará que saben o que vai en cada colector senón tamén os posibles erros e os trucos para facelo mellor: erros como botar cousas que non sexan envases ou aínda cheos de produto que poidan ensuciar os demais envases ou trucos como dobrar caixas para que ocupen menos espazo e se aprobeite mellor o colector. Na casa: colocar o imán na neveira e comentar o que significa. Pódense crear tamén adhesivos de recordatorio dos mellores trucos, dos erros que máis cometemos, como por exemplo “Lembra!”.
CURSO 2016-2017
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Máis: se tedes dúbidas sobre onde vai un envase, sempre podedes consultar o buscador de envases de Ecoembes ou instalarvos a súa app para tela á man no móbil. 37