references
R
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
R
Titorías de reciclaxe.
2 48
R
CURSO 2016-2017
O meu compromiso
Chegamos ao último paso. Xa tes o respecto polo medio ambiente e entendes que é importante contribuír coa reciclaxe na convivencia e na recuperación da contorna, do equilibrio do planeta. Agora só queda unha cousa, quizás a máis importante: implicarte. Tes toda a información e sabes o que tes que facer, non si? Pois agora é o momento de que asumas o teu compromiso e pases á acción. A partir de agora non vas poñer escusas para non facelo nin vas deixar que, ao teu redor, os valiosos residuos perdan a oportunidade de entrar no seu círculo de reciclaxe e renovación. Toma partido, explícao na casa, buscade o mellor sitio e os mellores sistemas para que non avulte o lixo e que axuden a facer a recollida, repartídevos a responsabilidade de baixar os envases ata os colectores de cores e felicitádevos por vos converterdes nos mellores cidadáns ecorresponsables. Grazas ao voso compromiso, a reciclaxe conseguiu aforrar no 2015 máis de 1,3 millóns de toneladas de materias primas. Ademais, aforrou 1,2 millóns de toneladas de CO2 na atmosfera, como se desaparecese 1 de cada 4 coches dunha gran cidade, e 4,6 millóns de MWh, a enerxía de case a metade dos smartphones de todo o país. Tamén se evitou o gasto de 24,8 millóns de m3 de auga, coa que se ducharían todos os cidadáns de Madrid durante un mes. Menos enerxía implica menos contaminación; menos auga supón menos sucidade e un montón de novos envases e produtos bonitos e ecolóxicos… ¡Grazas por facelo posible! 36
Minicampaña contra o abandono de lixos nun parque, no patio, nunha praia próxima…
Obxectivo: valorar a limpeza e a orde na natureza. Ser conscientes da responsabilidade da man do home ao ensuciar pero tamén á hora de restituír o equilibrio. Ideas chave: limpeza, residuos e acción humana sobre o medio ambiente. Recursos: bolsas de lixo de cor amarelo, azul, verde e gris. Luvas, paus para pinchar sen ter que agacharse se é posible. Desenvolvemento: escolleranse un espazo natural, un parque urbano, unha praia, unha fraga, un regato ou incluso unha rúa do barrio no que se sitúa o centro para organizar unha batida de limpeza. O obxectivo é recuperar o seu equilibrio ao máximo, eliminando todo tipo de residuos. Os envases que se poidan atopar seleccionaranse segundo os seus materiais e meteranse en bolsas de cores: nas bolsas amarelas, os envases de plástico, os de metal ou os briks; nas azuis, os envases de cartón ou papel; nas verdes, os de vidro; e no gris, outros produtos que non sexan envases e deban botarse ao lixo. Porase especial coidado na súa manipulación porque, ao estaren á intemperie, poden estar oxidados, rotos ou afiados. Daranse estas consignas de seguridade e os alumnos protexeranse con luvas. Ao final, depositarase cada bolsa nos colectores desa cor. Na casa: a actividade tamén pode facerse desde a AMPA. Podemos ser conscientes do que emporcallamos ao facermos unha excursión, recollendo todos os residuos nunha bolsa especial e depositando despois o noso lixo nos colectores axeitados. Máis: moitas ONG medioambientais organizan voluntariado para facer limpeza de algúns lugares naturais degradados. Podedes consultar, por exemplo, as webs de Cruz Vermella, Paisaje Limpio ou a Fundación Biodiversidad.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos