references
S
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
Titoría de avaliación: Non é cousa de nenos: Vixiando cando non hai clase.
Obxectivo: os profesores son un elemento chave na prevención do acoso escolar, xa que é nas aulas e dentro da escola (no tempo do recreo e do comedor) cando se producen a maior parte dos casos en Primaria. Aprender a estar alerta. Ideas chave: asumir que a figura do profesor non é só a dunha persoa que imparte coñecemento, senón que tamén educa os alumnos en valores e ten que estar sempre pendente para que non se produzan situacións de acoso escolar. Recursos: test TEBAE (Test de Avaliación Breve do Acoso Escolar), páxinas webs como www.aepae.es, artigos de diarios. Desenvolvemento: aínda que o acoso escolar existe desde sempre, nin os profesores, nin a familia, nin a sociedade foron sempre conscientes da súa importancia e das súas consecuencias. Actualmente, os profesores teñen claro que deben estar alerta. Para se formaren e teren máis ferramentas para combater o bullying, poden ler artigos ou propostas que expoñan outros colexios para facer fronte ao acoso, utilizar o test TEBAE, ter á man o protocolo da escola e, sobre todo, estar sempre pendentes e mostrarse preto dos alumnos para que confíen no seu profesor e, así, explicarlles calquera situación de conflito. Máis: xuntaranse periodicamente e analizarán posibles casos de bullying ou situacións con algún tipo de violencia. Pensarán en estratexias e accións de prevención.
46
47
Dereito á igualdade e a recibir protección contra a crueldade e o maltrato.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: segundo o decálogo dos Dereitos do Neno, todos teñen unha serie de dereitos que sempre deberían ser respectados: no apartado de “O Compromiso contra a Violencia” deberiamos fixarnos especialmente no dereito número 10: “A ser educado en tolerancia e paz, sen que se fomente a discriminación”. Ideas chave: asimilar conceptos importantes como os dereitos que temos a ser todos iguais; traballar a autoestima; reflexionar sobre as consecuencias negativas e, ás veces, dramáticas que pode chegar a causar o acoso escolar. Recursos: Táboa dos Dereitos do Neno e conto de Juul, que se pode atopar aquí; barro e utensilios para traballar o barro.
DEREITOS DO NENO Dereito 1: á igualdade de dereitos sen ningún tipo de discriminación. Dereito 2: a desenvolverse física, mental, espiritual e moralmente. Dereito 3: a un nome e a unha nacionalidade. Dereito: 4 á seguridade social, á alimentación, á vivenda, aos servizos médicos e ao xogo. Dereito 5: a recibir axuda especial se tiver unha discapacidade física ou mental. Dereito 6: a ter amor e comprensión para desenvolverse plenamente. Dereito 7: a recibir educación. Dereito 8: a recibir protección e socorro en primeiro lugar. Dereito 9: a ser protexido contra o abandono, a crueldade e a explotación. Dereito 10: a ser educado en tolerancia e paz, sen que se fomente a discriminación.
Desenvolvemento: despois de repasar o decálogo dos Dereitos do Neno e facer fincapé no número 10, lerase o conto de Juul. É un conto metafórico, que pode semellar moi dramático e esaxerado na primeira lectura. O obxectivo é que reflexionen sobre as consecuencias do acoso escolar e ata onde pode chegar o que comezou como unha brincadeira. Logo, en Plástica, poden facer unha escultura con barro inspirándose en Juul. Na casa: levarán o decálogo dos Dereitos do Neno para repasalo cos seus pais e comentar con eles os dereitos que dependen dos pais e as familias, da escola e da sociedade. Ademais dos seus dereitos, poden falar tamén das súas obrigas. Máis: coas esculturas inspiradas no libro de Juul podemos organizar unha exposición na escola, no ximnasio ou na entrada, e convidar as familias. Ao final desta, os adultos poderán mercar as esculturas por un prezo simbólico e cos cartos percibidos os alumnos poderán facer unha doazón a Aldeas Infantiles SOS.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
35