references
S
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
Preparamos un faladoiro sobre bullying para os nosos pais.
44
Eu SI respondo por ti. Todos respondemos por TI. Eu non calo.
Obxectivo: comprender que cando se dan situacións de bullying ou acoso escolar, todos están implicados. Non se trata unicamente da persoa ou do grupo que acosa e da vítima ou das vítimas que sofren o acoso, o resto de compañeiros tamén están implicados. Ideas chave: implicación, responsabilidade, a forza da amizade fronte aos malos entendementos; compañeirismo e actitude obxectiva e crítica fronte a situacións adversas. Recursos: encerado dixital, libros da biblioteca ou da casa, cómics etc.
2 45
S
CURSO 2016-2017
Obxectivo: pór sobre a mesa o tema do acoso escolar, de forma clara e directa, para que alumnos, profesores e familias poidan debater, propoñer, establecer protocolos, normas, límites e sobre todo xerar diálogo. Ideas chave: dialogar, sacar á luz, debater, enfrontarse a situacións incómodas pero que poidan xerar graves consecuencias. Recursos: encerado dixital, ordenadores, impresoras. Desenvolvemento: os alumnos prepararán un faladoiro para os seus pais sobre o acoso escolar. Poden tomar como punto de partida esta Guía para as familias. O maltrato entre alumnos/as, dos profesores e psicólogos Jordi Collell e Carme Escudé. Mostra como detectar o bullying, por que hai nenos que maltratan, que se pode facer e non ante situacións de acoso, como saír delas etc. Cando veñan os pais, farase unha presentación, con soporte Power Point, e unha exposición oral con distintos presentadores para amosarllelas aos pais. Deseguido abrirase unha quenda de preguntas, ideas e experiencias. Na casa: pódese seguir falando sobre o tema a través de películas, libros ou cómics nos que aparezan situacións de acoso escolar. Pódese dialogar cos pais sobre estas situacións e por que se producen en cada caso.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Desenvolvemento: Greg e Rowley, Zoe e Liseta, Gerónimo e Tea, Doraemon e Nobita…, que teñen en común estes personaxes, ademais de ser protagonistas de ficción en libros, películas e series? Pois que son amigos inseparables e se apoian. Os alumnos buscarán exemplos en libros, cómics, series e películas xuvenís de cómo os amigos de verdade sempre dan a cara un polo outro. Se algún cativo sofre acoso, como Nobita por parte de Xigante, os seus amigos saen na súa defensa e enfróntanse ao outro se é preciso. En situacións de bullying é moi importante contar cos amigos, poder explicarlles o que lles pasa e enfrontarse ao acoso xuntos. Ao final, é un problema que afecta a todo o grupo. Na casa: xunto cos pais, pódese procurar na prensa ou en internet relatos ou noticias sobre bullying (no colexio) e mobbing (acoso no traballo). Pódese reflexionar sobre que pasaría en cada uns dos casos se a persoa acosada tivese un grupo de compañeiros ao seu redor que o apoiasen... Probablemente, todo sería moi distinto. Máis: o profesor organizará un concurso de relatos baixo o título “Eu si respondo por ti. Eu non calo”. Escollerase un xurado con alumnos, pais e profesores, e o gañador verá o seu texto publicado na revista, na web ou no blog da escola.
34
Máis: organizar outro faladoiro sobre ciberbullying, o acoso a través das redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter), os chats de móbiles, os grupos de Internet e WhatsApp etc.