references
M
40
Dereito a non ser discriminado.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 41
M
Porque o fan todos… dáme unha boa razón.
Obxectivo: como individuos que somos, temos a nosa propia responsabilidade. Non podemos escudarnos no grupo. Cada un sabe o que está ben e o que está mal feito. Non valen escusas do tipo “porque o fan os demais”. Ideas chave: desenvolver a personalidade individual; discernir entre o ben e o mal; tomar decisións únicas e persoais, aínda que non sempre coincidan coas da maioría. Recursos: encerados dixitais, folios e bolígrafos. Desenvolvemento: na película Pais por desigual, un rapaz de nove anos sofre acoso no colexio. O seu pai dille que non ten que responder con violencia para defenderse, aínda que iso sexa o que fai a maioría. El pode decidir a forma máis axeitada de defenderse, evitando sempre as condutas agresivas, e o seu pai proponlle bailar como defensa. Tomando este caso como punto de partida, os alumnos deberán escribir unha redacción con propostas “de defensa” orixinais e persoais. Na casa: xunto coa familia, buscaranse exemplos de personaxes públicos ou individuos anónimos que decidiron combater a violencia coas súas propias estratexias: facendo folgas de fame, camiñadas de protesta, pechándose en espazos públicos etc. Máis: na escola organizan o día de “Eu deféndome sen violencia…”. Os alumnos de Ciclo Infantil poden facer traballos manuais ou debuxos e dicir: “Eu deféndome sen violencia… e agasállote cunha flor ou cun debuxo feito por min”. Os alumnos de ciclo superior poden convidar os seus compañeiros a participar en diferentes actividades lúdicas e dicir: “Eu deféndome sen violencia… e convídote a xogar unha partida de xadrez comigo”.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: alumnos, profesores e pais deben unirse para erradicar o acoso escolar. Non ser discriminado nin maltratado é un dereito de todos. Ideas chave: filantropía, humanidade, Dereitos Humanos e Dereitos do Neno, autoestima, respecto, confianza e límites. Recursos: ordenador, encerado dixital, cartolinas, pegamento, tesoiras e rotuladores. Desenvolvemento: procurar información sobre Malala Yousafzai, unha rapaza paquistaní de 19 anos que recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014 pola súa loita para asistir á escola, algo que o réxime talibán non lle permitía por ser muller. As súas armas foron as súas palabras nun blog e en xornais de todo o planeta. Malala decidiu que ninguén a discriminaría nin lle prohibiría ir á escola. Imprimiremos fotos, mapas do seu país e faremos un mural coa súa historia. Na casa: preguntaranlles aos seus avós sobre as súas lembranzas sobre discriminación ou maltrato na súa infancia, xa fosen ás mulleres, aos nenos, politicamente… Máis: poden escribir unha carta a Malala (ver ligazón) explicándolle como é a vida dos rapaces no seu redor e tamén se na sociedade actual ven casos de discriminación como os de Malala. Seguro que lles interesa.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
32