references
IN
Somos unha piña!
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
38
2 39
M
Podemos evitar sufrir e facer sufrir?
Obxectivo: pensar no sufrimento físico, verbal e emocional, nos límites ao facer sufrir ou cando es a vítima e que se pode facer para que eses límites non se traspasen nunca. Ideas chave: establecer límites, reflexionar sobre cando o xogo e as bromas deixan de selo. Comportamentos aprendidos. Agresividade, violencia, crueldade e maltrato. Recursos: encerado dixital e dicionario galego-inglés. Desenvolvemento: reflexionar sobre que significa o sufrimento para cada un dos alumnos poñendo exemplos: físicos (recibir patadas, empurróns, que te cuspan, etc.); verbais (que te insulten chamándote feo, gordo, torpe etc.), ou emocionais (que te deixen de lado, que nunca te escollan para formar parte do seu grupo, que ninguén queira sentarse no autocar contigo, etc.). Todos estes comportamentos que pasan nas escolas reciben o nome de acoso escolar ou bullying, unha palabra que está tristemente moi de moda. Para ilustrar este tipo de acoso e como evitalo, o profesor amosará vídeos de diferentes plataformas e países que loitan por evitar estes comportamentos. Se hai algunhas explicacións en inglés que non se entenden e son interesantes, pódese buscar a tradución no dicionario: aquí e aquí. Na casa: preguntaranlles aos seus pais se sufriron algunha vez acoso no colexio ou nos seus traballos. Se así foi, pódeselles preguntar como se sentiron e como actuaron. No ámbito laboral, o acaso coñécese popularmente como mobbing. Máis: tras ver os vídeos e as imaxes sobre o acoso escolar, reflexionarase con todo o grupo e escribirase unha redacción sobre os sentimentos que lles xerou a súa visión, de como se defenderían eles chegado o caso e de quen esperarían axuda.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: reforzar os vínculos do grupo; ser conscientes de todas as cosas vividas xuntos como compañeiros, de todos os momentos compartidos, para reforzarmos o noso sentimento de pertenza e a nosa empatía e agarimo por todos os nosos compañeiros, aínda que sexamos máis ou menos amigos. Ideas chave: pertenza, identidade de grupo, cousas que nos unen. Recursos: cordas, colchóns, pelotas, aros e outros materiais deportivos. Desenvolvemento: organizarán unhas miniolimpíadas na escola. O profesor de Educación Física deseñará as probas e a clase funcionará como equiponación cunha estratexia. Terán que animarse os uns aos ouros e formar grupos para as diferentes probas. Agruparanse pensando nas habilidades necesarias para cada proba (algúns terán máis resistencia física e outros máis flexibilidade, por exemplo) e non tanto en se son máis ou menos amigos. O importante é que sexan compañeiros, que se traten como iguais e que o dean todo. Na casa: a familia tamén é unha piña e cóidanse os uns aos outros. Montarán unha saída en bicicleta, en patinetes ou patíns ou para correr. Aínda que algúns estean máis en forma ca outros, ninguén se ri de ninguén e todos agardaranse e axúdanse.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Máis: ver as olimpíadas que organizan noutras escolas aquí, un programa baixo os valores do olimpismo: igualdade e xustiza; forza de vontade; perseveranza; espírito de superación; paz e amizade; respecto ao rival e ao medio ambiente. 31