references
IN
Para molestar ou sen querer?
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
36
2 37
IN
Axuda alguén cada día.
Obxectivo: crear vínculos emocionais entre os compañeiros, cos profesores, cos veciños da nosa escaleira e do barrio, coas persoas que vemos a diario. Se se ten unha boa relación e predisposición a axudar as persoas que non rodean, combateremos a violencia e faremos fuxir os malos entendementos. Ideas chave: amosar empatía, vincularse aos outros, saber que non estamos sós, que sempre haberá persoas encantadas de ser as nosas amigas e de axudarnos. Recursos: cartolinas, fotografías de persoas falando ou mirando o móbil, de cativos xogando con consolas, con tabletas etc.; pegamentos, tesoiras e rotuladores. Desenvolvemento: os alumnos iniciarán unha campaña na escola para pedirlles aos seus compañeiros e profesores que sexan conscientes de que se non conectamos coas persoas que non rodean, non creamos vínculos sociais e de empatía. Buscarán imaxes de persoas que non miran ao seu redor por estaren absortas en pantallas dixitais; recortaranas e pegaranas nas cartolinas. Logo, escribirán frases como: “Se non paras de falar por teléfono, non escoitarás o teu fillo chorar”, “Se non deixas de enviar whatsapps, non verás que o teu veciño te saúda” ou “Se non podes deixar de mirar a pantalla, non verás que os teus pais precisan axuda”. As relacións sociais son fundamentais para unha vida plena. Illarse pode conducir a realidades paralelas onde as normas de conduta e a percepción de violencia e de sufrimento dos outros perden intensidade. Na casa: comprometédevos a “conectarvos” á familia ao chegardes á casa. Levades todo o día separados, toca falar e compartir o que pasou no traballo, na escola ou no fogar, sexa bo ou malo. O diálogo diario é básico. Máis: facer unha campaña de “fortalecer lazos” no barrio, contactando cunha residencia da terceira idade, xa que os maiores a miúdo están illados tamén, e facéndolles debuxos ou unha visita, que seguro que lles fará moita ilusión.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: todo o que facemos ou lle dicimos a outras persoas ten unhas consecuencias e temos que ser conscientes de iso. Se se bate, insulta ou fala mal de alguén, hai que reflexionar por que se fai e rectificar. O “fíxeno sen querer” non vale sempre. Ideas chave: intencional fronte a accidental, mala fe e malas intencións. Recursos: un encerado dixital ou o conto. Desenvolvemento: o profesor porá a película ou lerá o conto de Cincenta. Seguro que todos a viron xa, pero desta vez fixaranse no comportamento da madrasta e das súas fillas cara a Cincenta e na violencia que exercen sobre ela. Quítanlle a roupa e danlle vestidos rotos; sácana do seu cuarto e envíana a vivir á cociña; obrígana a limpar todo o día; rinse dela… Pero que pasa cando aparece o príncipe e quere casar con Cincenta? Pois que a madrasta e as medio irmás din que todo o facían sen querer para evitaren o castigo. Pensas, de verdade, que o fixeron sen querer? Hai xente así? Na casa: pódenlles preguntar aos seus pais se coñecen persoas, como a madrasta e as medio irmás de Cincenta, que teñan malas intencións pero que, de cara á galería, sempre digan que non tiñan intención de facelo ou de dicilo.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Máis: outro día na clase, despois de ver a película ou ler o conto de Cincenta, os alumnos que queiran poden explicar casos nos que lles fixeron dano de maneira física, verbal ou emocional, e logo lles dixeron que todo fora sen querer. 30