references
Eu coido de ti.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 34
INF
INF
Pídoche perdón. Non o farei máis.
Obxectivo: tomar conciencia das accións que facemos ou dicimos á mantenta ou sen querer, que poden doer e causarlles dano aos compañeiros. Reflexionar sobre iso, pedir perdón e comprometerse a que non volva a acontecer. Ideas chave: reflexión, consecuencias, arrepentimento, comprensión, compromiso. Recursos: cartolina e rotuladores.
35
CURSO 2016-2017
Obxectivo: que asuman a responsabilidade de coidar e defender un alumno máis pequeno ca eles; seguro que o vínculo que se crea fará que o maior estea sempre pendente e non permita que ninguén lle faga dano ao máis pequeno. Ideas chave: responsabilidade, ser conscientes de que hai persoas máis indefensas ca nós só pola súa idade, protección, amizade. Recursos: colchón para estirarnos no chan, unha pluma ou un pano. Desenvolvemento: escollerase unha clase de Infantil e unha de ciclo Inicial sobre as que actuarán como “padriños”. Farán parellas cun alumno de cada clase, co que se levarán poucos anos. Os maiores xa están en primaria, son máis fortes e teñen máis recursos, así que terán que vixiar e protexer os seus “afillados” na hora do patio ou do comedor, en actividades conxuntas, etc. Para reforzar o vínculo, en Educación Física farase unha sesión de ioga por parellas, padriño/afillado, para favorecer o vencello entre eles con eses exercicios ben divertidos e relaxantes. Na casa: pediranlles aos seus pais ou avós que lles expliquen como se coidan e se fan respectar como parella. Tamén lles preguntarán se nalgunha ocasión tiveron que defenderse mutuamente fronte algún tipo de violencia na casa, na rúa ou no traballo. Máis: para aumentar a autoestima e a seguridade dos alumnos máis pequenos (clave para defenderse ante calquera mostra de violencia), os cativos de Primaria escribirán unha redacción sobre todas as calidades e virtudes do seu “afillado” e tamén un comentario sobre o que aprenderon da amizade entre ambos os dous. Os alumnos de Primaria lerano en público na aula dos nenos de Infantil. 29
Desenvolvemento: na hora da titoría que os alumnos teñen cada semana, o profesor proporá que os cativos expliquen situacións nas que pegasen ou mancasen algún compañeiro, de maneira física ou de palabra. A vítima pode explicar como se sentiu. O primeiro comprometerase a non volver mancalo nunca máis e pediralle perdón. O profesor escribirá na cartolina o que aconteceu e o “agresor” asinará o seu compromiso de non volver pegar ou rirse de ninguén. É importante destacar que non se trata de sinalar a ninguén. É só un exercicio para tomar conciencia das accións negativas, pedir perdón e reflexionar sobre iso para que non volva facelo. Na casa: se teñen irmáns, falar sobre como nos sentimos cando pelexamos ou nos batemos. Pensar tamén nas solucións para non chegar á violencia a próxima vez. Se non teñen irmáns, pensar nalgún altercado con algún curmán ou amigo. Nos libros de El diario de Greg hai altercados entre irmáns continuamente. Máis: nas seguintes titorías revisaremos se algún alumno volveu bater ou insultar alguén. Lembrarémoslles o seu compromiso e verán de que outro xeito poderían ter reaccionado.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos