references
INF IN M S R
Ciclo infantil
Ciclo inicial
Nunha vida ideal, na que todas as persoas fósemos respectuosas, educadas, racionais e amables cos demais, a convivencia desenvolverase sempre en harmonía, paz e tranquilidade. Cando xurdisen problemas, saberiamos resolvelos co diálogo, a comprensión, unha mente aberta e sentido común. Claro que podería haber malentendidos, discordias e formas de pensar diferente, pero non hai conflito nin diferenza que xustifique chegar á violencia. Perante a violencia, si ou si, tolerancia cero. A agresividade e a violencia física é un comportamento que vén dos nosos devanceiros prehistóricos, cando non había outras armas máis alá das puñadas, as patadas, os tiróns de pelo ou os golpes con garrotes… Nin sequera sabían falar nin a súa intelixencia estaba moi evolucionada. Porén, hoxe en día… paga a pena resolver algún problema ao xeito “cavernícola”? Claro que non. A violencia física está prohibida e castigada na nosa sociedade. Non só non se debe utilizar, senón que ademais debemos vixiar que ninguén a utilice: na casa, na escola, nos deportes etc. Nunha situación de violencia física, actúa con rapidez e cautela. Avisa o teu adestrador, o teu profesor ou os teus pais, pero non deixes nunca de intervir, xa sexas a vítima ou un espectador. Ás veces hai nenos que baten; adoita dicirse que son “moi movidos” ou “nerviosos” ou que “non saben como expresarse”. No entanto, tanto se es activo coma se es tímido, non hai escusa para insultar, dar couces no patio, puñadas no corredor ás agachadas ou empurróns nun partido. Detrás de calquera tipo de violencia hai persoas con problemas, que deben ser tratadas o antes posible para que ninguén sufra as súas consecuencias. Seguramente, quen bate, empurra, berra, rabuña ou roe non se sente orgulloso nin contento na súa propia pel nin lle gusta a súa vida,
O compromiso contra a violencia
aínda que semellen “xigantes”, pero entre todos podemos facer moito por solucionalo. Outra cousa é recoñecer, detectar e frear a quen exerza a violencia psicolóxica. Esta é máis perigosa aínda, porque pode pasar inadvertida pero causa tanta dor ou máis que as couces. Falamos de quen se burla dos outros, insulta, fala mal e por detrás dos mais, inventa formas de amolar por deporte, pon alcumes polo aspecto físico para sentirse superiores, sente envexa das notas que sacan os outros etc. Non hai que aceptar as súas “verdades” e hai que pensar por riba de todo, que cada un é diferente e que o bonito do mundo está nas diferenzas. Se non conectamos con alguén non pasa nada, porque tampouco temos que ser amigos de todos, pero iso non nos dá permiso para facer comentarios de desprezo ou burleiros. Sobre todo, lembrade: respecto, respecto e máis respecto. Cando te sintas mal ou vexas alguén sentirse mal, repítelle esta frase: “absolutamente ninguén ten dereito a maltratar”. Todos somos iguais e queremos o mesmo: ser felices e ser ben tratados. A mellor norma da vida é non dicir ou facer nada que non che gustaría que che dixesen ou fixesen a ti. Doado, verdade? E outra norma máis: non deixes pasar as inxustizas, porque estar calado é case o mesmo que cometelas ti. O respecto pódelo esixir para ti e para os demais. Se che din “non te metas” ou “a ti non che importa”, pensa: “claro que me importa”. Non sexas nunca inmune á violencia. Se non podes defenderte ou defender ti os outros, busca o apoio dos amigos, a familia, os profesores ou algún adulto. A vantaxe de quen acosa é sempre facerche crer que estás só e non podes facer nada. Pero iso é só unha miraxe: por suposto que podes. Tes dereito e tes razón. Iso sempre vence.
Ciclo medio
Ciclo superior
Reciclaje
Tutorías con sentido para todos los ciclos educativos
Con la colaboración de:
28