references
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
O xogo dos erros: reciclo ben porque convivo cos demais.
cartón e papel, dificulta a súa reciclaxe. Se tiramos cousas que non son envases no amarelo, o proceso de separación atrásase e, ao final, todo iso acabará no vertedoiro. Aprender o que está ben e mal axudaranos a que, entre todos, o fagamos moito mellor e se aproveiten máis e máis materiais. Sobre todo, imos facer sempre a pregunta “Es un envase?” antes de separalo. Se a resposta é non, é un impropio e detectámolo. Daquela, hai que ver se consta de diferentes partes e cales son as que se poden depositar: no azul (as partes de cartón ou papel), no amarelo (as de plástico ou metal e os briks) e no verde (as de vidro). Agora imos xogar a probar a astucia dos demais elixindo envases difíciles ou produtos que non son envases pero que moitos confundirían e botarían no colector de cor só porque están feitos de plástico ou metal, por exemplo. Podemos levalos ao colexio como mostra, recortalos de catálogos ou debuxalos nunhas cartolinas ou fichas para ensinárllelos aos demais. Poñeremos os compañeiros en fileira e iranse amosando as imaxes por orde. Se un compañeiro acerta, séguese co seguinte. Se falla, continuamos co que vai a continuación ata que alguén o acerte, que pasará diante do primeiro que se equivocou. Ao final da sesión, gañarán os 5 primeiros, os que mellor reciclan da clase. Obxectivo: comprender que a reciclaxe é unha forma de poñernos de acordo para conseguir obxectivos que benefician a todos. Entender que facelo ben é aproveitar eficientemente os recursos e participar como cidadán no coidado do planeta. Ideas chave: coordinación, colaboración, sistemas complexos, reciclaxe, envases, colectores axeitados e impropios. Recursos: mostras de envases, catálogos con fotos de envases ou ben fichas de cartolina e lapis de cores para pintar nelas. Espazo suficiente para poñerse en fila ou en círculo. Na casa: os nenos poden ensinarlles moito aos pais sobre a reciclaxe. A superpregunta “de verdade é un envase?” levarana á casa como truco para reciclar mellor. Así, estarán seguros de que a súa contribución á convivencia estará garantida. Máis: fai este test para coñecer a túa ecoidentidade… Cal cres que será?: ver ligazón.
2 33
R
CURSO 2016-2017
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Desenvolvemento: non basta con reciclar moito, hai que facelo ben. Cando nos equivocamos e depositamos no colector envases incorrectos, chamados “impropios”, estamos estragando o esforzo que fixeron todos os que depositaron envases nese colector. Se un cartón manchado de graxa cae no colector azul e lixa o outro 26