references
2 31
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
R
2 32
R
O ciclo da colaboración.
Obxectivo: visualizar o proceso de reciclaxe coma un gran circuíto no que cada persoa tamén forma parte, polo menos como consumidor. Comprender as outras partes implicadas: o deseño e a produción, a distribución ata os comerciantes por xunto e as tendas, o consumo no fogar, a reciclaxe, a planta de selección e as empresas que procesan eses envases e os converten en novos materiais. Ideas chave: sistemas, ciclos, xestión de residuos, fábricas, comerciantes, consumo, recollida en camións, planta de selección, papeleiras, fábricas de aceiro e empresas de reciclaxe. Recursos: camisolas ou petos de cores, espazo amplo e música. Desenvolvemento: este é un xogo de roda no que os distintos equipos interveñen con camisolas de distintas cores, uns como consumidores, outros como envasadores, outros como institucións e un cuarto grupo como traballadores de reciclaxe (tamén poden usar petos distintivos). Ao son da música, as rodas darán voltas, unhas ao carón das outras. Logo os alumnos terán que unirse de dous en dous, mesturándose, para, ao final, formar un círculo maior coas outras catro cores, intentando facer que non se repitan unhas ao carón das outras. Na casa: podemos ver mostras de todos estes colaboradores de reciclaxe localizando os puntos verdes dos envases, atopando os colectores de cores e o punto limpo que estea máis preto do noso fogar, ou buscando exemplos de produtos reciclados. Máis: tamén se pode facer unha visión do “mastro de maio” con cintas de catro cores atadas á parte superior, que os nenos trenzan ao ir xirando arredor e cruzándose. Se queredes saber máis sobre todos os elementos que interveñen no ciclo de vida e reciclaxe dos envases, aquí tedes unha infografía que vos pode ser moi útil: ver ligazón. 25
Horta ou xardín aromático con testos-envase.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: comprobar o reemprego dos envases e a súa transformación en obxectos de utilidade cun compoñente orgánico engadido: a sementeira e recollida dos vexetais. Ver medrar as plantas axuda a comprender mellor o ciclo da vida, do nacemento ao crecemento, e a importancia de manter a nosa relación coa natureza. Ideas chave: reemprego, conservación, creación e vida vexetal. Recursos: envases de plástico de diferentes tamaños (desde grandes garrafas ata botelliñas), punzóns para os buratos de filtrado de auga, terra, sementes e regadeiras. Desenvolvemento: reempregando (un dos tres R) para todos. Na casa: podemos facer macetas para a terraza ou o balcón, en botelliñas pequenas para a cociña, para as plantas aromáticas ou incluso plantas colgantes, se non dispoñemos de espazo. Máis: unha ligazón sobre as verduras máis doadas de facer xermolar para evitar a frustración inicial en: ver ligazón, e un sistema caseiro de pingueira con botellas de plástico: ver ligazón.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos