references
30
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 R
R
Titoría de avaliación: comisión de convivencia.
Obxectivo: compartir co resto de profesores como nos relacionamos cos alumnos e como se desenvolve a convivencia con eles nas horas da clase. Ideas chave: compartir, normalizar, establecer protocolos, expoñer os nosos sentimentos. Recursos: cadeiras en círculo, un ordenador para ir apuntando as ideas/ normas que vaian xurdindo para crear un posible protocolo. Desenvolvemento: nas escolas existen diferentes protocolos sobre como actuar en distintas situacións, pero estes soen enfocarse á resolución dun problema, cando este ocorre, e non tanto á prevención. Os profesores, durante algunha das horas de claustro, sentarán en círculo e compartirán co resto dos seus compañeiros as súas dúbidas e ideas de como actuar cos alumnos en diferentes situacións (por exemplo: que facer se un neno chora, se se comporta mal, se insulta, se non responde etc.). Seguro que cadaquén ten o seu xeito de traballar, pero pódense unificar as formas e crear un protocolo en consenso para seguir entre todos. Pódense incluír temas candentes como o abuso de menores, que teñen un grande impacto sobre a reputación dos centros. Máis: unha vez que o protocolo estea rematado, podémolo presentar no Consello Escolar, onde o resto das persoas que representan a escola (dirección, pais, persoal da limpeza, etc.) dean a súa opinión sobre o este e, finalmente, acaben por autorizalo.
Titorías de reciclaxe.
CURSO 2016-2017
A convivencia
Se queremos que o equilibrio do planeta se manteña, temos que colaborar todos. Somos seres intelixentes e podemos pensar xeitos de deixar de contaminar, sobre todo, de acumular residuos. O cambio é pensar no lixo como un valioso recurso que se vai converter en novos materiais, máis ecolóxicos e igual de bonitos e útiles. Para iso existe xa un sistema que funciona pensando coma ti, co respecto polo medio ambiente: o ciclo dos envases. Comeza co fabricante, que imaxina o mellor envase para que sexa lixeiro, facilmente separable e con materiais que poderán ser reciclados. Cumprirán coas leis para facilitar que se recicle man a man cos concellos, que poñerán colectores nos mellores sitios e camións para que recollan os envases. Despois, moitas empresas estarán agardando a recibir eses envases vellos para convertelos en novos produtos, desde forros polares ata bicicletas noviñas. Só faltas ti, porque se os consumidores coma ti non usan os colectores de cores, nada vai funcionar. Se o fas, ademais de axudar o planeta, colaboras con todos os que pensan e traballan para que haxa menos vertedoiros e cos teus concidadáns que, co seu esforzo, fan que a “maquinaria verde” funcione. Verdade que así é estupendo convivir?
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
24