references
S
Convivir sen idade.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
28
2 29
S
Defendendo o seu dereito a ser diferente, a non ser maltratado…
CURSO 2016-2017
Obxectivo: reflexionar sobre as diferenzas que existen entre as persoas en xeral (de raza, nacionalidade, xénero, aspecto físico, mentalidade, pensamento, etc.) e chegar sempre á conclusión de que todos somos iguais. Debemos respectar as diferenzas de cadaquén como signos propios de identidade e estas nunca xamais deben de conducir a ningún tipo de maltrato. Ideas chave: liberdade de expresión e de pensamento, apertura de miras, variedade, orixinalidade, paleta de cores. Recursos: un ordenador para escribir un guión de teatro, vestiario, decorados e atrezo.
Obxectivo: afacernos a convivir coa persoas de todas as idades e a respectalas. Os avós e as persoas maiores pódennos ensinar moitas cousas. Ideas chave: compartir experiencias, aprender a escoitar, convivir con persoas de xeracións diferentes, reflexionar sobre como evoluciona a sociedade. Recursos: cámara de vídeo, programa de edición de vídeo sinxelo, que o noso profesor nos poida ensinar a empregar sen moitas complicacións. Desenvolvemento: investigaremos se no barrio onde se atopa a nosa escola hai algunha asociación ou residencia da terceira idade. Contactaremos con eles e veremos se poden vir un día á clase ou se podemos ir visitalas. Prepararanse preguntas sobre como era a convivencia na escola e na casa cando eran pequenos. Pedirémoslles permiso para gravalos e montar un pequeno vídeo sobre esas respostas. Na casa: convidar a merendar a unha cafetaría os nosos avós ou algún veciño ou coñecido maior para que nos expliquen como convivían cos seus pais e se coidan que agora hai máis ou menos respecto ca na súa época.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Desenvolvemento: todos os alumnos pensarán ideas para unha obra de teatro, na que o protagonista sufra maltrato (físico ou psicolóxico) por parte dos seus compañeiros, porque é dunha raza diferente, polo seu aspecto físico, porque vai vestido de forma distinta á maioría etc. A lección ten que ser que no mundo, con miles de millóns de habitantes, cada persoa é diferente. Por iso, para convivir en paz, debemos respectar a diversidade e castigar o maltrato, sexa do tipo que sexa. As persoas que maltratan son sempre individuos cohibidos, que non entenden que na diversidade está a riqueza da especie humana. Na casa: procuraremos casos ao longo da historia de personaxes ou grupos que sufrisen maltrato polas súas diferenzas (Nelson Mandela, Mathama Ghandi). Analizaremos por que e como loitaban e loitan polos seus dereitos. Máis: tras rematar a obra, reflexionaremos enriba do escenario sobre se algún de nós se sentiu algunha vez maltratado. Poden falar deles mesmos, de casos que coñezan ou sobre cousas que lesen ou que escoitasen falar.
23
Máis: para completar a reportaxe do vídeo, podemos gravar varios profesores e alumnos na escola sobre lembranzas de convivencia e respecto. Deste xeito teremos un traballo con puntos de vista e épocas moi distintas.