references
M
26
Caixa do correo da convivencia.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 27
S
Felicitando o contrario.
Obxectivo: a deportividade e o respecto cara ao contrario ou ao compañeiro son uns dos valores máis importantes do mundo do deporte. Poñámolos en práctica en cada partido, a cada momento. Ideas chave: deportividade, compañeirismo, xogo en equipo, xenerosidade, valorar o esforzo do resto de xogadores. Recursos: unha pelota de rugby, petos para os xogadores. Desenvolvemento: na clase de Educación Física, o profesor organizará un partido de Touch Rugby, unha variable do rugby tradicional que non implica contacto físico. En lugar de parar fisicamente o contrario, tense que coller o adversario que leva a pelota, que debe depositala no chan unha vez que o toquen. Igual que o rugby tradicional, o Touch Rugby caracterízase pola súa deportividade. Os membros de cada equipo saúdanse sempre ao comezar o partido e, ao rematar, o equipo perdedor forma un corredor para aplaudir deportivamente o equipo gañador. Ambos os dous equipos, a súa vez, deben respectar as decisións do árbitro e saudalo ao inicio e ao final do encontro. Na casa: escolleremos algún xogo de mesa ou de cartas que nos guste a todos (Un, Carcassone, o Virus, o Monopoly etc.) e xogaremos algunhas partidas. Iso si, está prohibido facer trampas, mirar as cartas dos demais ou enfadarse ao perder. Ao rematar a partida, todos felicitaremos amablemente o gañador ou gañadores. Máis: na clase lemos o decálogo de Fernando Romay, que aínda que vai dirixido aos pais e ao mundo do baloncesto, pódese extrapolar a calquera deporte e a calquera idade. Son dez puntos moi interesantes e sensatos.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: conseguir expresar por escrito o que non nos atrevemos a dicir de palabra. Procurar opcións para que expresen libremente o que senten. Ideas chave: liberdade de expresión, respecto e comunicación escrita. Recursos: unha caixa grande de cartón, tesoiras, cúteres, rotuladores. Desenvolvemento: converter unha gran caixa de cartón nunha caixa do correo onde depositar as cartas. Nesta caixa do correo, os alumnos terán que depositar unha carta na que expliquen cousas que non lles gustan e que acontecen na clase, a nivel de grupo, ou temas que lles afectan persoalmente. O profesor recollerá as cartas depositadas (que serán anónimas) cada semana e lerá ante a clase as frases máis significativas. Entre todos, intentarán atopar solucións aos conflitos que se explican, farase de forma construtiva e non para prexudicar a ninguén. Na casa: cada membro da familia escribirá algo que non lle gusta como funciona no fogar e algo que si, e pendurarao na neveira. Cando todos escribisen o seu papel, leranos xuntos e intentarán buscar solucións. Máis: valorar a evolución da caixa do correo co paso do tempo, para comprobar se se van resolvendo algunhas das situacións que implicaban.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
22