references
M
24
Titorías sobre dilemas de convivencia.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
M
Words. Palabras que axudan, palabras que feren.
Obxectivo: ser conscientes da importancia que teñen as palabras e máis cando non chegan da nosa familia, os nosos profesores ou os nosos amigos; e tamén cando somos nós os que as utilizamos. Con elas podemos axudar, agradar e dar confianza, pero tamén podemos desgustar, provocar envexas e mesmo facer dano. Ideas chave: ser conscientes do poder da linguaxe, aprender novo vocabulario en galego e en inglés, reflexionar sobre as nosas palabras antes de que saian disparadas da nosa mente. Recursos: tres ou catro xogos de Scrabble. Para non mercalos, a idea é que os traia da casa quen os teña ou podemos pedirlle a algún amigo que nolos deixe emprestados. Desenvolvemento: o profesor dividiranos en catro ou cinco grupos e cada un deles terá un Scrabble para xogar. A idea do xogo é formar palabras coas fichas-letras que temos. No noso caso, ademais de construír palabras, estas tamén terán que ter un significado especial: teremos que xuntar letras para formar palabras bonitas que adoitamos compartir coas persoas que queremos, e tamén palabras negativas e críticas que poden desgustar os nosos compañeiros, profesores ou familia. Para crearmos estas palabras, teremos máis fichas-letras ca no xogo habitual. Tras conseguir formar algunha destas palabras claves, reflexionaremos sobre se somos conscientes ou non do seu significado cando o utilizamos. Na casa: xuntarémonos todos na casa durante a fin de semana e faremos unha lista das palabras bonitas e positivas que nos gustan e nos dan ánimos, e outra lista coas palabras negativas que nos provocan malestar e nos fan incluso enfadar. Se algún dos membros da familia di algunha palabra desa lista sen decatarse, terá que realizar tarefas extra no fogar. Máis: repetiremos o exercicio co Scrabble, pero en lingua inglesa. Máis difícil aínda. O profesor axudaranos primeiro a traducir as palabras que queremos formar e logo comezaremos a xogar coas fichas-letras para conseguirmos o noso obxectivo.
25
CURSO 2016-2017
Obxectivo: reflexionar sobre cuestións de convivencia a partir de supostos prácticos que comportan dilemas, toma de decisións ou implicación persoal. O programa “Vaia Dilema” complementa “Abraza os teus valores” e ofrece unha posibilidade de xogo e dinámica de clase achegando practicidade, con propostas moi sinxelas pero que fan que os nenos tomen partido e valoren o seu nivel de madurez. Ideas chave: reflexión, ética e casos prácticos. Recursos: ordenador con acceso a internet. Desenvolvemento: é preciso conectarse ao programa www.aldeasinfantiles.es/educa/dilemas e escoller unha das propostas para Primaria, xa sexa no ámbito dos dilemas persoais, comunicativos ou sociais. Aínda que as propostas se renovan quincenalmente, atoparedes ademais unha extensa base de dilemas na hemeroteca, que tamén vos poden resultar interesantes. Todos, dun xeito ou doutro, aluden á convivencia entre persoas no ámbito familiar ou escolar ou na vida cotiá dun neno. Na casa: “Vaia Dilema” é un programa pensado tamén para levalo ás familias, onde todos os membros poden tomar partido por unha ou outra opción. Aínda que ningunha sexa realmente correcta ou incorrecta, decantarse por unha implica un nivel ou outro de madurez ética.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
21