references
IN
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
Préstoche algo para que mo coides como eu faría.
22
2 23
M
Respéctote e, por iso, dígocho así.
Obxectivo: ser capaces de facer comentarios críticos, se é preciso, desde o respecto e a reflexión e sen sentirnos violentos. Simplemente teremos que ser quen de expresar as nosas opinións e os nosos sentimentos. Segundo o experto Eric Schuler, “a actitude asertiva é unha ferramenta que te axudará a ser ti mesmo e a non ter medo nin vergoña das túas propias ideas e pensamentos”. Ideas chave: reflexionar, pensar antes de falar, opinar, argumentar, non anoxarse por recibir comentarios críticos, ser sinceros. Recursos: folios DIN A4 e lapis para escribir, unha bolsiña pequena onde colocar papeis cos nomes dos alumnos da clase. Desenvolvemento: escribiremos o nome de todos os alumnos da clase en pequenos papeis, que dobraremos ata formar unha boliña que poñeremos nunha bolsa; cada un collerá unha boliña, só pode cambiala se lle sae o seu propio nome. A continuación, cada alumnos deberá escribir unha listaxe de cosas positivas e algunha negativa sobre o compañeiro que lle tocase. Tanto nun caso coma no outro, deberase escribir unha explicación máis ou menos razoada de por que utilizamos estes adxectivos. Deseguido teranse que ler, desde o centro da aula, os nosos comentarios, dirixíndonos ademais á persoa sobre a que escribimos, con agarimo, tranquilidade e seguridade. Na casa: cada membro da familia terá que dicir algo positivo e negativo do resto e do seu comportamento no fogar. Non se trata de discutir e pelexar, senón, simplemente, de dicir o que pensamos, de maneira tranquila e pausada, para mellorar a convivencia entre todos. Máis: na escola, cando teñamos outro tempo libre, escribiremos esta vez sobre as cousas positivas e negativas que pensemos de nós mesmos e explicaremos o porque do noso comportamento. Tamén sairemos no medio da clase e, mirando os nosos compañeiros aos ollos, leremos o que escribimos.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: ter coidado cos obxectos, o material e as cousas que utilizamos a diario, xa sexan os nosos ou os doutras persoas: todo ten un valor, por moi pequeno e insignificante que nos pareza, e debe ser tratado con respecto. Ideas chave: ser coidadosos, pulidos e organizados; intercambio de obxectos; respecto cara ás cousas de terceiras persoas. Recursos: libros, forros para libros, adhesivo e bolígrafos para o bookcrossing (unha práctica que consiste en deixar libros en lugares públicos para que os collan outros lectores). Desenvolvemento: o profesor pediralles aos alumnos que traian un libro á clase para intercambiar co seu compañeiros de mesa. Aínda que sexa un libro antigo, este debe estar en perfecto estado. Todos os alumnos comprométense a levar o libro á casa, lelo, coidalo e devolvelo no tempo establecido. Se non o acaban poden pedir unha prórroga, pero o libro sempre será devolto en perfecto estado. Debemos aprender que calquera libro ou obxecto, sexa noso ou de terceiros, debe ser tratado con agarimo e delicadeza. Temos que aprender a valorar as cousas. Na casa: podemos intercambiar xogos de consolas co noso irmán ou con algún veciño ou amigo, sempre e cando nos comprometamos a devolvelos en perfecto estado. Debemos tratalos coma se fosen nosos.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
20
Máis: o intercambio de libros entre compañeiros de aula pode derivar nun bookcrossing, que evidentemente é unha práctica baseada no respecto. Podedes botarlle un ollo a iniciativas de bookcrossing en escolas como o Colegio Caparroso en Navarra: ver ligazón.