references
IN
20
O reloxo do respecto.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 21
IN
Cumpre coa túa parte.
Obxectivo: os alumnos deben ser conscientes de que estas normas de convivencia tamén teñen repercusión cando traballan en equipo. Todos xuntos deben establecer unhas regras de participación para obteren bos resultados e todo o equipo debe esforzarse por igual. Ideas chave: traballo en equipo, participación equitativa, diálogo, división de tarefas. Recursos: un contrato redactado polos propios alumnos; cartolinas de cores DIN A3, cores e pegamento.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: que todos os alumnos da clase cheguen puntuais pola mañá e pola tarde, para conseguir que a clase poida comezar sempre a tempo e cos alumnos relaxados. Ideas chave: compañeirismo, compromiso, esforzo, disciplina, organización do tempo. Recursos: contador de “días de puntualidade” para a clase, a partir de tarxetas de cartolina con grandes números escritos nelas; axendas dos alumnos. Desenvolvemento: o famoso escritor William Shakespeare dixo unha vez: “Mellor tres horas demasiado cedo ca un minuto demasiado tarde”. Pode parecer esaxerado, pero chegar tarde á clase failles aos demais comezar o día nerviosos e desconcentrados e distráeos. Os rapaces da clase comprometeranse (coa axuda dos pais) a intentar ser o máis puntuais posibles. Cada día que todos cheguen á súa hora, engadirase un número máis ao contador da clase. Se algún día hai un atraso de menos de 5 minutos, o contador retrocederá 1 punto, pero se alguén chega máis tarde dese tempo, volverase a comezar desde cero. As clases tamén poden competir a ver quen consegue o récord de días en puntualidade. Na casa: adiantaremos dez minutos todos os reloxos, xa sexan de parede, de pulso ou nos móbiles. Dese xeito, aínda que sexamos algo impuntuais, sempre chegaremos a tempo. É cuestión de organización.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Desenvolvemento: propoñerase facer un mural sobre os diferentes grupos de animais vertebrados: mamíferos, aves, peixes, réptiles e anfibios. Dividirase a clase en grupos e cada un deles marcará as tarefas que cada alumno debe facer: buscar información e fotografías sobre os distintos animais que lles tocaran. O profesor axudaralles a redactar un contrato, onde todos os membros do equipo se comprometen a facer o seu traballo e a respectar os tempos de entrega establecidos, e firmarano. O alumno que non cumpra este contrato non será avaliado ao final do proxecto. Na casa: repartiremos as tarefas do fogar e comprometerémonos a realizalas nos tempos establecidos. Se algún membro do “equipo” falla no seu compromiso, poderemos observar as consecuencias: quedaremos sen comida, acumularanse os pratos no vertedoiro ou na lavalouza, non teremos roupa limpa que pórmos etc. Mais: na clase, coa axuda do profesor, pensaremos os sectores laborais que precisan traballar en equipo. Analizaremos as consecuencias de que un dos membros do grupo non faga a súa parte (por exemplo: nun supermercado, aínda que teñan todas as mercadorías no almacén, se os repositores non as colocan, ninguén poderá mercalas).
19
Máis: O profesor lerá a historia de “Branco e Negro”, que narra como esas dúas cores non conseguiron formar parte do arco da vella pola súa impuntualidade. Tamén poden competir entre as clases polo seu récord de días seguidos nos que todos chegaron puntuais: ver ligazón.