references
INF
Respectarmos a quenda para convivir.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
18
A variña máxica que arranxa os problemas de convivencia.
Obxectivo: ser conscientes de que sexa cal sexa o problema, o conflito ou a desavinza, a través do diálogo e da boa vontade por parte de todos atoparemos a forma de solucionalo e facer posible unha convivencia en harmonía e relaxada para todos. Ideas chave: diálogo, comprensión, análise e reflexión sobre problemas e conflitos, tanto a nivel persoal, familiar, como da escola. Recursos: rolos de cartón de papel de aluminio ou de papel hixiénico (pódense traer da casa), goma EVA, tesoiras, rotuladores, grampadora, cinta adhesiva, purpurina. Desenvolvemento: na clase de plástica, coa axuda do profesor, crearemos unha variña máxica cos cartóns dos rolos, a goma EVA, a cinta adhesiva e as grampadoras. A continuación, pintarémola cos rotuladores e acabaremos de darlle o toque final coa purpurina. Esa purpurina será máxica e axudaranos a resolver, xunto co diálogo e a reflexión, todos os problemas que xurdan. Xa veredes como falando e buscando solucións non hai ningún conflito de convivencia que non poidamos superar. Trátase só de entender o porque, recapacitar, expor outras solucións, pedir perdón se é preciso e, ao final, chegar a un consenso para que poidamos convivir todos felices. Na casa: a variña máxica continuará funcionando na casa. Terémola á man e cando se orixine un conflito (porque non se cumpriu cunha tarefa, ou non se compartiu algo, ou non se axudou ou respondeuse mal…), e antes de que se inicie unha discusión, a variña máxica buscará a fórmula máis rápida e axeitada para solucionar a situación sen confrontación. Máis: como ás veces non somos o suficientemente obxectivos coa nosa propia realidade, iremos coa nosa “variña máxica” a outra clase da escola e pedirémoslles aos alumnos que nos expliquen os problemas de convivencia que teñan na aula. Xunto coa variña e o noso sentido común, intentaremos solucionalos.
2 19
INF
Obxectivo: que todos os alumnos sexan conscientes do importante que é respectar as normas de convivencia na aula, e a escola en xeral, para a nosa convivencia diaria. Ideas chave: normas de comportamento, sentido común, respecto cara aos nosos compañeiros e profesores. Recursos: un reloxo de area ou un cronómetro grande que todos os alumnos poidan visualizar desde as súas mesas na aula. Desenvolvemento: o profesor explicaralles aos alumnos que hai toda unha serie de normas de convivencia básicas, como é a orde na fila, gardar a quenda para falar na clase, respectar a orde de entrega cando rematamos unha tarefa, etc., que se non as respectamos non nos permiten avanzar. O profesor terá un reloxo de area ou un cronómetro sobre a súa mesa; cada vez que un alumno se salte algunha destas normas de convivencia parará a clase durante dous minutos. Se moitos alumnos as incumpren, a clase non se poderá levar a cabo e todos terán que reflexionar sobre o que está a acontecer. Na casa: tamén podemos respectar as quendas en moitos momentos, como agardar para compartir o baño, pasarnos os alimentos nas comidas, entrar ou saír pola porta sen ter que ser o primeiro…, sen que sexa preciso levantar a man coma no colexio, si que podemos ter esa atención de agardar o outro para convivir. Máis: o profesor propoñerá facer unha clase sen normas de convivencia, onde cada alumno interveña e fale cando queira, non respecte a orde da fila, colla o material que precise sen ter en conta os compañeiros etc. Veremos que acontece!
CURSO 2016-2017
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
18