references
Os nenos que respectaban o medio ambiente.
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 16
R
2 17
R
Cando o envase non chega ao seu destino, a natureza sofre.
Obxectivo: imaxinar as consecuencias da falta de respecto polo medio ambiente e asociar o hábito de reciclar ao compromiso persoal con este respecto. Ideas chave: circuítos, vertedoiros, colectores, papeleiras, plantas de selección e reciclado. Recursos: ordenadores con conexión a internet, enciclopedias e libros sobre reciclaxe da biblioteca do centro. Cartolinas e material de escritura e debuxo. Desenvolvemento: os pequenos dividiranse en dous grupos: V e C. Os do grupo V empregarán todos os medios de información ao seu alcance para aprenderen que é un vertedoiro, que vai parar alí e que tipo de problemas producen. Os do grupo C farán o mesmo para coñeceren mellor que ocorre cos envases que van aos colectores de reciclaxe. Dentro deste grupo podemos facer subgrupos: un para rastrexar os envases de cartón e de papel e o que sucede cando chegan ás empresas papeleiras para a súa reciclaxe; un segundo subgrupo seguirá os envases de metal ata as fábricas de aceiro; un terceiro pescudará que ocorre co plástico cando se leva ás plantas de selección e empresas de reciclaxe; e un cuarto pescudará que ocorre cos envases de vidro. Cada un debuxará os camiños que seguen e as cifras máis interesantes na súa cartolina. Despois expoñeranse as cartolinas nas paredes da escola e presentaranse aos demais. Na casa: analizaremos o caldeiro do lixo para asegurarnos de que non quedan envases de plástico, latas, metais, briks, cartóns ou vidros, sen caermos na tentación de depositar nada que non sexa envase e que non se recicle posto que estragaría o resto. Máis: este vídeo amósanos como se reciclan unha e outra vez as latas de refresco grazas á separación de residuos de envases.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: sensibilizar cara ao respecto pola natureza. Ser capaces de pensar que acontecería se non a coidásemos e ver de que maneira podemos contribuír todos, ao noso nivel, coa parte que si podemos mellorar. Ideas chave: responsabilidade persoal, hábitos e consecuencias medioambientais. Recursos: envases, pintura, adhesivos, papeis de cores (seda, pinocho, celofán) e pauciños para a espetada ou o polo. Caixa grande de cartón para crear un teatro de marionetas, se se desexa crear un marco para a obra, e cartolinas para os decorados. Desenvolvemento: os cativos inventarán unha historia para explicar de forma positiva as consecuencias de facer ben as cousas. Comezarán pola frase “esta é a historia duns nenos que respectaban o medio ambiente. Isto é o que facían…” . Os protagonistas serán personaxes creados con envases reciclados. Na casa: procurar historias en Youtube que conten como reciclar e respectar o medio ambiente serve para ter un planeta máis limpo para todos. Máis: “Os profes contan” é o concurso para profesores que Ecoembes organiza anualmente para darlles voz aos docentes e ao seu alumnado sobre cuestións medioambientais. Máis información aquí: ver ligazón.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
15