references
2 14
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
R
2 15
R
Fabricamos compost.
Obxectivo: os residuos non son “lixo”, senón o que queda dun produto que se creou cunha función e que agora rematou. Porén, iso non significa que non teña xa unha utilidade. Ao manipularen e observaren como os residuos orgánicos se transforman nunha nova vida, que alimenta outras plantas, os nenos comprenden o ciclo da vida e restitúenlle o seu valor a algo que antes quizais tivese unha connotación negativa. Ideas chave: reempregar, aproveitar, residuos, materia orgánica, cultivar e natureza. Recursos: baldes grandes e bolsas tipo saco. Pas e anciños de xardinaría. Desenvolvemento: crearemos un composteiro para crear fertilizante ou compost co material orgánico. É o resultado de que bacterias e fungos o ataquen e destrúan, descompoñéndoo. Alí pódense depositar follas, céspede, hortalizas, palla, pólas podadas, serraduras, cinzas, pousos de café, bolsiñas de infusións, cascas de ovo, restos de verduras, froitas e hortalizas, xornais en branco e negro, iogures (sen o envase, que vai ao colector amarelo), tapóns de cortiza, papel de cociña, aceite de ensaladas… Pero non se pode botar carne, peixe, ósos ou outros vexetais podres, porque cheiran mal e fermentaría demasiado. Tampouco se pode botar o po das varreduras nin excrementos, madeiras, colas ou vernices, que son tóxicos. Canto máis trituradas estean as cousas, mellor. Ademais, precisan humidade. Esta é unha actividade de longo percorrido, pois o compost pode tardar de tres a seis meses en estar listo. Así que, se o amañamos no primeiro trimestre, recolleremos os froitos na primavera. Na casa: visitar en familia un centro de xardinaría e falar dos distintos tipos de fertilizante para comentar o que se fixo na casa. Podemos tamén crear o noso propio depósito de compost na terraza, no balcón ou no patio. Máis: neste vídeo podedes ver como se fai dun xeito doado un composteiro caseiro: ver ligazón.
Súbelle a autoestima ao teu envase: o que ten de bo.
Obxectivo: valorar todos os tipos de materiais polas súas características beneficiosas para o consumo e o benestar das persoas. Non desprezar un ou outro material, porque todos teñen vantaxes e se escollen precisamente por elas. Ideas chave: utilidade, funcionalidade, materiais, características físicas (peso, volume, rixidez, flexibilidade …). Recursos: envases de diferentes materiais traídos polos propios nenos ou procedentes da cociña do centro ou doutros servizos (envases de materiais de oficina, etcétera). Desenvolvemento: por grupos, os nenos recibirán un tipo de envase. Nunha mesa, recibirán os envases de metal (por exemplo, de refresco ou de conserva, aínda que tamén poderían ser para dúas mesas diferentes por seren tan distintos); noutra, os envases de cartón; nunha terceira, os briks; nunha cuarta, as botellas de PET (polistireno expandido); e nunha quinta, os envases de polistireno expandido (bandexas de froita, por exemplo). Cada grupo falará durante un tempo das características dese material, tocándoo, observándoo, medíndoo, comentando para que se usa e intentando pescudar por que. Deseguido escribirán un pequeno texto onde se lle “fale” ao envase para poñelo contento, explicándolle cales son as mellores características e vantaxes polas que pode sentirse orgulloso de axudar as persoas na súa vida cotiá. Na casa: abriremos a neveira e os armarios para ver que tipo de envases hai. Podemos falar de por que nos gusta un tipo ou outro de envase cando hai varios para escoller (botella ou brik para o leite, brik, metal ou tarro de vidro para unha salsa…). Máis: mirar con curiosidade catálogos de supermercados, descubrir a presenza de envases en moitos ámbitos da vida (no baño, na oficina, nas larpeiradas…).
CURSO 2016-2017
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
14