references
13
Titorías de avaliación:
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 R
R
Como facer un sociograma do teu grupo.
Obxectivo: que o profesor sexa consciente das relacións de respecto que existen na aula entre os alumnos, tanto entre cativos e cativas como entre os que sacan mellores notas e os que van peor, ou entre os que son máis populares e os que están máis illados. Ideas chave: imaxe global, avaliar o grupo, erradicar comportamentos irrespectuosos, evitar situacións de illamento. Recursos: caderno e bolígrafo para tomar notas. Desenvolvemento: Nas aulas é cada vez máis común que o profesor organice asembleas para que o grupo fale sobre os seus sentimentos, preocupacións e posibles conflitos, pero non todos os alumnos se expresarán dun xeito natural e totalmente honesto ao estaren rodeados por todos os seus compañeiros. Así pois, o profesor organizará titorías individualizadas polas que pasarán todos os alumnos. Nelas, o profesor animaraos a expresaren como se senten dentro do grupo, se se consideran illados, se se ven populares, se están cómodos, se teñen conflitos cos outros etc. O profesor tomará nota da información e fará unha análise. Finalmente, comentaralle os resultados á clase, sen especificar os nomes. Máis: podemos afondar no tema das relacións sociais entre os alumnos da clase elaborando un sociograma como o que se propón nesta web: ver ligazón.
Titorías de reciclaxe.
O respecto
Se respectar é ter alguén en consideración ou é pensar nel antes de facer algo…, que será o respecto polo medio ambiente? Pois é algo semellante: pensar que cada acción que realizamos ten un impacto e deixa pegada no medio ambiente. Se queremos que o noso planeta estea en equilibrio e non rematar cos seus recursos, temos que telo presente en todo o que fagamos, temos que respectalo. Ese respecto tradúcese non soamente en pensamentos positivos e en agarimos cara á natureza, senón en actos de verdade. Dicir que respectas o medio ambiente está ben, pero está aínda mellor que o amoses no teu día a día. Non é tan difícil, porque se trata de que, sinxelamente, cumpras coa túa parte. Como? Adoptando hábitos sostibles. Por exemplo, sendo consciente de que a enerxía, a auga ou os recursos son limitados, que podemos esgotalos. Por iso é importante reciclarmos os residuos que producimos no fogar ou na escola. Se levamos os envases de plástico, as latas, os metais ou briks ao colector amarelo, o papel e os envases de cartón ao azul e os envases de vidro ao verde, contribuímos a que eses materiais teñan unha nova vida e a que non haxa que consumir máis materias primas nin tanta enerxía ou auga coma se o fixésemos con materiais novos. É unha gran forma de amosar respecto polo medio ambiente.
CURSO 2016-2017
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
13