references
M
11
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
2 12
S
Titorías sobre dilemas do respecto.
Dereitos e deberes da nosa clase. Feitos, votados e controlados por nós.
Obxectivo: establecer os nosos propios dereitos e deberes como grupo dentro da escola. Xa somos maiores e non precisamos que os adultos nos digan a que temos dereito ou a que estamos obrigados. Nós xa o sabemos perfectamente, polo que hai que comezar a ser autónomos e responsables. Se o conseguimos e nos comportamos de acordo con estas normas, as persoas adultas respectarannos. Ideas chave: responsabilidade, sentido común, respecto ás normas e tolerancia. Recursos: ordenador, procesador de textos e impresora, DIN A3 e rotuladores. Desenvolvemento: o profesor e os alumnos buscarán unha hora libre de clase para falar da convivencia en xeral e tamén dentro da escola. Todos participarán e escribirase no ordenador unha listaxe con dereitos e deberes dos alumnos: dereito a expresar a súa opinión, por exemplo, e deberes como escoitar, manter a aula limpa e ordenada ou non burlarse de ningún alumno, entre outros. Unha vez que teñan a listaxe, imprimirase unha copia para cada alumno. Escribirán os seus nomes no encerado e marcaranos cun xiz cada vez que algún deles incumpra un deber. Quen chegue a tres dará explicacións ante a clase de por que incumpriu algo no que participou e acordou respectar. Na casa: preguntaráselles aos pais que deberes e dereitos teñen nos seus lugares de traballo e que consecuencias ten non cumpriren as normas. Así seremos máis conscientes da repercusión que pode ter no futuro non respectarmos as pautas establecidas nas diferentes contornas nas que nos imos movendo. Máis: entrade no Pinterest, ver ligazón, e poderedes ver unha morea de carteis, murais e vídeos ben interesantes e divertidos sobre os dereitos e as normas nas aulas dos colexios.
CURSO 2016-2017
Obxectivo: reflexionar sobre cuestións de convivencia a partir de supostos prácticos que comportan dilemas, toma de decisións ou implicación persoal. O programa “vaia Dilema” complementa “Abraza os teus valores” e ofrece unha posibilidade de xogo e dinámica de clase achegando un aspecto práctico, con propostas moi sinxelas pero que fan que os nenos tomen partido e valoren o seu nivel de madurez. Ideas chave: reflexión, ética e casos prácticos. Recursos: ordenador con acceso a internet. Desenvolvemento: conectarse ao programa e escoller unha das propostas para Primaria, xa sexa no ámbito dos dilemas persoais, comunicativos ou sociais. Aínda que as propostas se renovan quincenalmente, atoparedes ademais unha extensa base de dilemas na hemeroteca, que tamén vos poden resultar interesantes. Todos, dunha maneira ou outra, aluden ao respecto cara a un mesmo e aos demais. Na casa: “Vaia Dilema” é un programa pensado tamén para levalo ás familias, onde todos os membros poden tomar partido por unha ou outra opción. Aínda que ningunha sexa realmente correcta ou incorrecta, decantarse por unha implica un nivel ou outro de madurez ética.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
12