references
M
Fago o que me dea a gana, e que pasa?
PROGRAMA EN VALORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
CONTRIBUÍNDO AO DESENVOLVEMENTO
9
Misión cumprida e a tempo.
Obxectivo: desde as escolas, promóvese cada vez máis o traballo en grupo e por proxectos, para que os alumnos participen activamente do proceso de aprendizaxe. Para que este sistema funcione, os alumnos deben aprender a traballar en equipo e ser responsables, puntuais e respectuosos cos seus compañeiros e coa súa forma de traballar. Ideas chave: traballo en grupo, puntualidade, responsabilidade, pluralidade e diálogo. Recursos: libros de consulta, ordenador con conexión a internet, Power Point ou semellante. Desenvolvemento: o profesor dividirá a clase en grupos de 4 ou 5 alumnos e encargaralles realizar un proxecto sobre un dos capítulos do temario. Os grupos dividiran o traballo de xeito equitativo e acordarán unha data límite para xuntalo. Todos se comprometerán a cumprir o prazo estipulado como unha mostra de responsabilidade e respecto cara ao resto de compañeiros. Unha vez que teñan toda a información reuniranse, dialogarán sobre como enfocar o traballo, que datos empregar e cales descartar e que aspecto terá a presentación. A continuación, introducirán todos os datos utilizando un Power Point, ou un programa semellante, e presentarán o traballo na data marcada polo profesor. Na casa: intentar tamén traballar en equipo. Os domingos pola tarde, toda a familia deseñará un “plan de acción” para a semana que comeza. Repartiranse as tarefas do fogar e cada membro comprometerase a realizar as súas, de xeito responsable e puntual, para que a rutina familiar sexa cómoda e fluída. Máis: na clase pódense ler tamén os consellos prácticos para realizar traballos en equipo na web aulaPlaneta: ver ligazón.
2 10
S
CURSO 2016-2017
Obxectivo: para vivir en harmonía temos que respectarnos os uns aos outros. Na nosa sociedade hai unhas normas de convivencia básicas que, se non as cumprimos, farán o noso día a día máis complicado. Ideas chave: convivencia, normas de comportamento e límites. Recursos: cartolina DIN A3, rotuladores, cinta adhesiva e peto de tea de cor rechamante. Desenvolvemento: fixaremos un día para que todos fagan exactamente o que lles preste, sen pensar se amolan ou non os demais. O experimento consiste en esaxerar moito cada inclinación, mesmo forzala e dramatizala, para que poidan ver como os desexos se fan incompatibles para a convivencia cando non se regulan cunhas normas (alguén desexa algo doutro, outro berra…). Cada vez que se produza un “choque” berrarán “Si, que pasa?” para mostraren que o incivismo ten consecuencias. Despois, reflexionarase sobre a orixe das normas e os castigos para quen as rompe. Na casa: falaremos sobre que comportamentos se poderían modificar para mellorar a convivencia: cambiar o rolo de papel hixiénico cando se remata, escoitar música ou ver a televisión cun volume axeitado, recoller os xoguetes etc. Se somos máis conscientes de que temos que convivir con outras persoas e facemos un pequeno esforzo, todos sairemos gañando.
Titorías con sentido para todos os ciclos educativos
Máis: levar a actividade ao comedor da escola, de xeito que se establezan normas como non colocarse sempre o primeiro na fila, non coller máis comida da que se vai comer, non amolar os compañeiros etc. 11