bloque 2ciclo superior | ACTIVIDADe 18 MÁIS O soldo mínimo interprofesional dun país é a cantidade de diñeiro mínima obrigatoria que unha empresa debe pagar a un traballador por unha xornada de 40 horas semanais. Este salario mínimo varía moito segundo o país, aínda que todas as nacións están aplicando políticas para que estas diferenzas se vaian acurtando e os países gocen dun maior benestar. • Que se cobra en cada país? • Vai acorde cos gastos que se teñen alí ou non? • Que ocorre se unha persoa dun país cun gran soldo marcha a outro que ten soldos baixos? • Quen defende os seus dereitos? NA CASA Falan cos pais do equilibrio na casa dos ingresos con respecto aos gastos que ten a familia. Poden aforrar? Que fan con eses aforros? Gástanse ou gárdanse por se necesitan diñeiro máis adiante? Como o fan? Ao mellor poderían iniciar unha paga semanal mínima para os nenos e eles repartila entre algúns gastos de capricho e, aínda así, observar a súa capacidade de aforrar. os teus valores 43 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2021-2022