bloque 1 cICLO MEDIO | ACTIVIDADE 6 MÁIS Na clase, despois de ver vídeos da Cruz Vermella, practícase como levar a cabo a posición lateral de seguridade (PLS) para evitarmos a aspiración de vómitos ou a obstrución pola lingua, entre outras cousas. NA CASA Facer un bo emprego dos servizos sanitarios é parte da educación non formal que adquirimos na casa. Non podemos ir ao médico ás primeiras de cambio, pero si cando fai falta. • Que cousas podemos facer ante catarreiras ou diarreas leves? • Quen e cando decide que se vai o médico? • Que outros produtos naturais podemos empregar para coidármonos? Poden falar de remedios caseiros de toda a vida, desde fregas ata bafos, duchas quentes ou baños fríos, infusións relaxantes ou para o estómago, dietas para cortar a diarrea, hidratación básica na casa… os teus valores 20 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2021-2022