bloque 3CICLO SUPERIOR | ACTIVIDADE 29 MÁIS Anímase ao candidato da nosa clase, se realizou ben a tarefa para a que foi votado, a ser candidato a outros postos representativos: delegado de curso, de ciclo de estudos, de Primaria, do Consello Escolar, etc. Cun bo equipo detrás que lle axude a facer o traballo de investigación necesario, para que as propostas sexan beneficiosas para todos, non hai límites democráticos. Fálase das dificultades que tiveron as mulleres na historia para participar na vida democrática e como aínda acontece en moitos países. NA CASA A familia comprométese a participar cos seus candidatos ou axudando a algunha candidatura nas eleccións para a asociación de veciños do barrio, das AMPAS da escola ou do Consello Escolar; non ser candidatos non nos exime do proceso democrático de organizar ou participar nunhas eleccións, sexan do tipo que sexan. os teus valores 63 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021