bloque 3CICLO MEDIO | ACTIVIDADE 26 MÁIS Avanzar neste exercicio sería incorporar noticias e reportaxes que falen de inxustizas que suceden na nosa contorna máis inmediata ou ben noutros países. Falamos de inxustizas contra colectivos vulnerables, nenos, mulleres. Tamén historias sobre a fame nalgúns países, as guerras, a corrupción... que constitúen todo un exemplo de inxustiza social a grande escala. NA CASA A través de libros, cómics, series, películas, etc., os pais amosan aos fillos como a denuncia de certas situacións inxustas axudou a que estas melloren —o poder dos homes fronte ás mulleres, diferenzas de soldo entre homes e mulleres, racismode todo tipo, discriminación por diferentes condutas sexuais...— Unha única voz non ten forza, mais a voz de centos e miles de persoas si. os teus valores 57 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021