bloque 3CICLO INICIAl | ACTIVIDADE 23 MÁIS O profesor amósalles na clase imaxes (fotos ou vídeos) ou saca a debate o tema dos adultos que non escoitan: políticos, famosos nos debates de televisión, reunións de veciños, afeccionados ao fútbol nos estadios, etc. Estes xeitos de debate “a maioría das veces” só xeran tensión e violencia. Hai que fomentar a escoita pacífica e atenta. NA CASA Hai intres onde todos os membros da familia queren explicar cousas, algunhas veces falando á vez, e claro, en moitos casos non se entende o que queren dicir; dedicádevos tempo concreto a escoitar durante a cea, a fin de semana, cando se queira, para falardes tranquilos, por quendas, escoitándovos uns aos outros en silencio e con respecto; mesmo se pode empregar o reloxo de area para marcar as quendas. os teus valores 52 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021