bloque 3educación INFantil | ACTIVIDADE 22 MÁIS Propoñémosvos que vos inspiredes nalgunhas ideas que se dan para unha boa mediación entre semellantes neste vídeo da Comunidade Valenciana ou nestoutro do programa A vida secreta dos nenos, que median tras un anoxo, e que poden sentir máis preto e animalos a opinar e a tirar conclusións. NA CASA Se hai un conflito entre irmáns ou entre fillos e pais, todos os membros da familia comprométense a practicar a escoita activa e a ser comprensivos coas diferentes posturas. Abren un caderno para escribir sobre o seu día a día: o bo, o regular, os posibles conflitos. Cada un escribe unha frase diaria onde se pode comprometer a querer aos demais, a escoitalos e a intentar mellorar cada día. Vale para nenos e tamén para adultos. Así deixamos un rexistro ao que poder volver para recordar que solucións tomamos, que queremos e que dixemos. os teus valores 50 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021