bloque 2ciclo superior | ACTIVIDADE 18 MÁIS Logo destas reflexións hai que pensar que esta situación que viviron de xeito puntual é unha realidade diaria nos diferentes países do planeta. NA CASA Os rapaces levan o experimento á casa; propoñen organizar a comida un día da fin de semana. Explicarán a todos que só un membro da familia ten primeiro prato, segundo prato e sobremesa; outro só primeiro prato e sobremesa; o resto só sobremesa. Que está pasando? Ao final explicaráselles o que fixeron na aula e que agora repetiron no fogar. Todos poderán comentar como se sentiron e extrapolar estas conclusións ás desigualdades que acontecen no mundo e que fan sentir mal a tantas persoas. os teus valores 41 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021