bloque 2ciclo MEDIO | ACTIVIDADE 17 MÁIS Cada semana, de entre todas as ideas propostas na aula, vótase a máis popular; logo, entre todos, debátese como se pode mellorar e mesmo que outras “ideas brillantes” pode xerar esta iniciativa. NA CASA Para implicar a máis persoas, a nosa familia convida os veciños —da rúa, da vila ou do bloque onde viven— a propor que “boas ideas” se lles ocorren para que a comunidade funcione mellor: axudar a persoas que vivan soas ou que precisen que se lles faga a compra ou se lles baixe o lixo; máis luz na escaleira ou nas rúas para que a xente se sinta máis segura cando chega tarde; máis plantas e xardíns que poidan plantar e coidar para que haxa máis zonas verdes ao noso redor; as ideas son infinitas.Tamén se poden pendurar estas ideas no formato “lámpada” no taboleiro de anuncios da comunidade. os teus valores 39 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021