bloque 2ciclo MEDIO | ACTIVIDADE 15 MÁIS Despois de rematar o xogo, os alumnos explican con que animal pensan que teñen máis similitudes e por que: gústalles xogar en grupo ou entretéñense mellor xogando sós? Prefiren irsempre ao seu xeito ou parécelles mellor que lles indiquen o que teñen que facer? Compórtanse do mesmo xeito ou dependendo do día son máis “gaivotas” ou “pingüíns”? O profesor axúdalles a extraer conclusións a partir das súas respostas. NA CASA Explican o xogo que realizaron na clase; os pais e os irmáns teñen que escoller se se identifican máis cun animal ou co outro e o porqué. os teus valores 36 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021