bloque 2ciclo inicial | ACTIVIDADE 13 MÁIS O delegado ou algún voluntario amósalle ao que acaba de chegar á escola as diferentes aulas, o patio ou zona de recreo, a secretaría, coméntalle o que se fai un día calquera no patio e no comedor, ao entrar e ao saír, etc. NA CASA As familias tamén acollen á nova familia que chegou á clase. Se teñen algún grupo de Whatsapp ou enderezo electrónico inclúenos, e se fan algún tipo de actividade ou celebración conxunta convídanos e dáselles tamén a benvida. Acolléselles falando con eles á entrada e á saída das clases, manténselles informados de reunións, normas ou xeitos de facer as cousas na escola. Sen forzar en caso ningún, mais tentando que non se sintan fóra de lugar. os teus valores 32 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021