bloque 2ciclo inicial | ACTIVIDADE 13 BENVIDA Á NOSA CLASE! OBXECTIVO IDEAS CHAVE Facer sentir ben as persoas novas Dar a benvida, acoller con amabilidade cando chegan a un novo lugar, a un e simpatía, axudar para que a chegada novo grupo, a un novo espazo para a un novo lugar sexa o máis doada e socializar e interactuar. sinxela posible. Recursos Contas de plástico, papel maché ou madeira; cores, rotuladores, pinceis, acuarelas ou témperas de cores brillantes, papel de seda e cola. DESENVOLVEMENTO Cada vez que chega un novo alumno á clase recíbeselle dun xeito especial; o primeiro día preséntaselle a todos os compañeiros e anímase aos nenos a que pregunten sobre diferentes aspectos: de onde vén, como é a súa familia, a súa antiga escola, a súa comida preferida, o que máis lle gusta facer na escola, a súa cor favorita, os xogos cos que máis se divirte, etc., deste xeito, comézase a crear un vínculo. Neste xogo de coñecemento hai un quid pro quo; é dicir, se che pregunto cal é a túa cor favorita, tamén che digo a miña, por exemplo: “Cal é a túa cor favorita, Lois? A miña é a vermella”. Ao rematar, para amosar que o escoitaron e para darlle a benvida, cada alumno prepara e pinta ou personaliza unha conta que sacan da caixa das “contas de la benvida”, únenas a unha corda dándolle forma de colar e regálanllo como unha mostra de agarimo e acollida. os teus valores 31 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021