bloque 2ciclo INFantil | ACTIVIDADE 12 MÁIS Ofrécense como clase axudar a outra clase. Pódeselles axudar a reorganizar o espazo, a zonade xogos,ordenar o material que teñen ou, entre todos, pintan un gran mural coa impresión de todas as súas mans e o lema “Bótoche unha man”. NA CASA Como familia, botamos unha man a outras familias. Podémonos ofrecer a axudar a familias da nosa rúa ou veciños da nosa comunidade: se precisan facer unha mudanza, quedámoslles cos nenos, traémoslles algo da compra, etc. Se alguén inicia esta acción, seguro que logo máis familias se unen. Os pequenos tamén poden asumir pequenas axudas nesas grandes tarefas, como levar unha bolsa ou caixa que sexan capaces de mover. Non os deixemos fóra, xa que eles non poden ser sempre os obxectos pasivos da nosa atención, e deben ter o seu momento para axudar e tamén atender os demais, se queremos construír unha educación en que toda a familia se escoite, se queira e se axude. os teus valores 30 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021