NINGUNHA CRIANZA NACE PARA MEDRAR SOA Un de cada dez nenos medra no mundo sen o coidado dos pais ou está en risco de perdelo. En España, son 300.000 os nenos que padecen esta situación, 1 de cada 25, algo que pon en grave risco o seu desenvolvemento emocional, físico e mental, e que atenta contra os seus dereitos fundamentais. Aldeas Infantiles SOS traballa para proporcionar unha contorna familiar protectora a aqueles nenos que non poden telo e para fortalecer as familias vulnerables para que poidan coidar axeitadamente dos seus fillos e evitar, así, a súa posible separación. SOBRE ALDEAS Aldeas Infantiles SOS, presente en España desde 1967, é unha organización internacional, privada, de axuda á infancia, sen ánimo de lucro, interconfesional e independente de toda orientación política. Fundouse en 1949 en Imst (Austria) e hoxe está presente en 136 países e territorios. O noso labor céntrase no desenvolvemento do neno ata que chega a ser unha persoa autosuficiente e integrada na sociedade. Traballamos para fortalecer as familias vulnerables para que poidan atender axeitadamente os seus fillo; protexemos os nenos que non poden vivir con seus pais, brindámoslles unha contorna familiar protectora onde medren sentíndose queridos e respectados; e acompañamos os rapaces no seu proceso de maduración e independencia. O noso marco de actuación é a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno. Aldeas Infantiles SOS foi recoñecida co Premio Princesa de Asturiasda Concordia 2016. os teus valores 3 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021