A SOLIDARIEDADE A solidariedade é o valor que vos Os que traballamos no mundo da educación social ou no da propoñemos para traballar este ano. educación, sabemos que coidar dun neno pode xerar unha Cremos que é idóneo para afrontar imparable onda de marabillas para o mundo, mentres que un momento crucial na nosa historia non facelo pode ter consecuencias inimaxinables. Daquela, social en que todos imos precisar seguiremos defendendo os dereitos coa folla de ruta que nos dos demais, da súa capacidade marcan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que para partillar e de abandonar todo definen boa parte da nosa estratexia como Organización. egoísmo para avanzarmos xuntos cara ao futuro. Non estamos sós. Neste eido, continuaremos educando en valores porque Para ben ou para mal, partillamos entendemos que agora é xustamente o momento de reforzalos, este mundo e todo o que afecta a de investirmos nunha forza interior que é a que nunca nos van unha soa persoa, afecta aos demais. poder arrincar. Por iso este programa mantense despois de case É especialmente importante cando 25 anos e tráevos, coma a primeira vez, o valor da solidariedade, falamos da vida dun neno. sen perder un chisco de actualidade, no seu formato dixital e contemplando opcións para educar tamén desde o fogar. Como adoito, o programa deste ano divídese metodoloxicamente en tres bloques didácticos. O primeiro, dedicado ao ODS 1, de loita contra a pobreza, trata a parte máis próxima ás necesidades dos nenos, que condiciona dalgún xeito as súas posibilidades na vida. Sempre pensamos que se atopa afastado de nós, porén é algo co que convivimos e que vulnera o dereito de calquera neno a medrar con todo o necesario para o seu benestar. Asegurámosvos que imos loitar para que todos os nenos do noso país teñan alimentos, roupa e unha vivenda digna. Conscientes de como cambiou o mundo en poucos meses, o ODS 10 centra o segundo bloque, que en Aldeas sentimos moi preto do noso traballo diario, na loita cotiá para minimizar as desigualdades, para que non existan fendas entre os dereitos duns e doutros na práctica dos seus dereitos á educación, á sanidade ou o acceso ao mundo laboral dos rapaces, especialmente aos que o teñen máis complicado porque están tutelados ou forman parte do sistema de protección á infancia no noso país. Pedro Puig Para terminar, achegaremos o concepto de xustiza social Presidente de Aldeas Infantiles SOS do ODS 16 no terceiro bloque. É a primeira vez na historia do de España programa no que abordamos un tema que a priori pode parecer complexo para as crianzas mais que,en cambio, impregna a súa realidade. Non esquecemos que, cando eramos nenos, tiñamos un estrito sentido da xustiza que, no camiño da gama de grises, foise esvaecendo ou matizando. Mais eles son máis sensibles que nunca a este concepto tan necesario nunha sociedade que se considera desenvolvida e que aspira a interiorizar a solidariedade entre os seus cidadáns. Desexámosvos un curso cheo de aprendizaxe e optimismo. Se hai algo seguro é que o mundo sempre ha cambiar, mais nós seremos a constante. A nosa humanidade ten que constituír o piar dunha nova sociedade, en absoluto distante, sempre conectada no vital. Por favor, seguide contando coas nosas ideas e recursos para formar boas persoas que constrúan ese mundo incerto, mais que segue tendo tanto que ofrecer. os teus valores 2 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021