bloque 1 ciclo medio | ACTIVIDADE 7 MÁIS Aínda que o noso país se situaría no grupo dos países más “desenvolvidos”, tamén hai pobreza nas nosas vilas e cidades; podemos optar tamén por un mapa a nivel autonómico ou local para achegármonos máis á realidade que nos rodea. As ligazóns a páxinas de estatísticas pódennos axudar a conseguir información sobre as zonas con maior pobreza. NA CASA A maioría de nós e dos nosos pais non coñecemos épocas de pobreza xeneralizada e de longa duración, mais os avós ou bisavós si. Pídeselles que nos expliquen como foi a súa infancia: tiñan comida abonda? E os amigos ou outros nenos da súa contorna? Atopábanse todos os produtos nas tendas ou había escaseza dalgúns deles? Dispuñan do seu propio cuarto? Tiñan ducha ou bañeira na casa? que papel tiñan as mulleres nesa situación, como se manexaban? estudaban, escollían a súa parella, traballaban?, etc. Seguro que moitas das súas respostas vos sorprenden. os teus valores 19 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021