bloque 1 ciclo INFantil | ACTIVIDADE 2 MÁIS Quítanse algunhas pezas chave das casas que construíron. Os rapaces deben pensar entón como solucionar a falta dese elemento nos fogares que crearon e como debe ser a vida das persoas e os nenos que viven de xeito permanente sen eses elementos, obxectos ou utensilios. Pódeselles suxerir,por exemplo, unir casas para compartir o que uns teñen e outros non. NA CASA Para reforzaren o exercicio na casa e que os rapaces valoren as comodidades do seu fogar, os pais propoñen deixar de empregar algo básico no fogar durante un par de días. Que acontece se non temos lavadora? Pois teremos que lavar todo á man e pasar moito tempo realizando esta tarefa. E se non dispomos de neveira? Entón non se pode acumular comida fresca e hai que ir cada día a facer a compra. E se non temos caldeira ou quentador? Para quecer a auga temos que poñela ao lume en potas e empregala só para aquelas necesidades máis urxentes. Todo se complica... e moito. Ten que ficar claro o concepto de esencial e de superfluo: hai cousas sen as que non podemos vivir e outras das que poderiamos prescindir, de se dar o caso. os teus valores 12 Aldeas Infantiles SOS Programa de Educación en Valores Infantil e Primaria Curso 2020-2021