64 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada nenoos teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Quen somos? Aldeas Infantiles SOS é unha organización internacional privada, de axuda á infancia, sen ánimo de lucro, interconfesionale independente de toda orientaciónpolítica, fundada en Imst (Austria) e ten presenza en 136 países e territorios. Premio Princesa de Asturias da Concordia 2016. O noso labor céntrase no desenvolvemento do neno ata que chega a ser unha persoa autosuficiente e integrada na sociedade. Traballamos para fortalecer as familias vulnerables, de xeito que poidan atender adecuadamente os seus fillos; protexemos os nenos que non poden vivir cos seus pais, brindámoslles un medio familiar protector no que poidan medrar sentíndose queridos e respectados, e acompañamos os rapaces no seu proceso de autonomía e independencia. No mundo existen 559 Aldeas Infantiles SOS, coordinadas por SOS Children’s Villages International (Aldeas Infantiles SOS Internacional), que é a federación de todas as Asociacións Nacionais de Aldeas Infantiles SOS. Entre as Aldeas, as Residencias de Rapaces e os Programas de Fortalecemento Familiar aténdese a un total de 570.100 nenos, rapaces e familias. Conta ademais con 628 Colexios,Centros de Educación Infantil, Centros Sociais e Centros de Formación Profesional, que atenden a 265.700 nenos e rapaces. “Creo na capacidade do ser humano para superalo todo, mesmo un Ofrece 776.200 tratamentos médicos nos 59 hospitais SOS e conta con abandono na infancia” 1.635.724 beneficiarios nos 38 Programas de Atención de Emerxencias SOS no mundo. Pedro Puig, presidente de Aldeas Infantiles SOS de España