54 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 14. Océanos limpos. Os océanos son a orixe da vida. O medio mariño é o hábitat dunha asombrosa variedade de criaturas fermosas, que van desde organismos unicelulares até o animal máis grande que habita na Terra, a balea azul.Tamén é o “fogar” dos arrecifes de coral,un dos ecosistemas con máis diversidade biolóxica do planeta. Ademais, dos océanos depende o clima, extráese a auga que bebemos e até o oxíxeno que respiramos. Por todo isto, hai que comezar a pensar en coidar de xeito especial o noso planeta azul”.Hai que reducir ao máximo os residuos que chegan ao mar e aos ríos;depurar os vertidos contaminantes; non empregar bolsas de plástico que en moitas ocasións acaban indo a parar ao mar e que tardan anos en eliminarse; recoller calquera tipo de lixo que xeremos cando se vai á praia ou ao río, etcétera. Queremos mares e océanos limpos, para que todos os seres vivos gocemos de eles.