45 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 6. Auga limpa e saneamento. A auga é un elemento indispensable para que exista a vida e os seres humanos sigamos habitando no planeta. Sen ela, nada sería posible: beber e hidratarse, lavarse as mans ou o corpo, limpar a louza ou a roupa...Precisámola a diario e por iso, tamén é importante que estea ao noso carón e que non haxa que camiñar 15 kilómetros para ir buscala e cargala de volta á casa, como acontece nalgúns países. Se é así, a vida entón só xira arredor da auga. Na actualidade, o reparto aínda non está equilibrado. Porén, hai auga doce abonda para que a situación mellore. O fundamental é seguirmos traballando para recoller a auga necesaria para o consumo dos humanos, tratala sempre que se poida e achegala á poboación. Máis do 90% dos humanos xa teñen acceso a fontes potables. Sigamos traballando con constancia e compromiso para crear as infraestruturas precisas para que se converta nun dereito universal para todos os cidadáns da Terra.