40 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 17. Alianzas para ir todos en piña. Verdade que as relacións na aula son mellores cando todos somos amigos e nos axudamos no que precisamos? Se a alguén lle custa restar, outro compañeiro pódelle axudar a facer os deberes e que o entenda mellor, se outro se atasca coas letras, un amigo que o teña máis dominado pódelle axudar a repasar. Por iso traballamos en grupo, para aprender a ser un equipo e vivir na sociedade de xeito solidario. Para iso pedímosvos que asumades o compromiso de levarvos ben, de resolver os problemas falando, de prometer non usar nunca a violencia nin na escola,nin na casa, nin en ningures. Sodes boa xente, xente que defende a paz.