38 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 A cidade está feita de capas. 28 Obxectivo: captar cunha simple mirada, que tipos de espazos ou zonas conforman a cidade ou vila na que vivimos. Ideas chave:situar os diferentes espazos, servizos e M infraestruturas;analizar o porqué da súa situación e se responde a algún motivo concreto ou é simplemente aleatorio. Recursos: mapas da cidade ou vila onde viven (se non atopan mapas da súa localidade, poden crealos eles mesmos). Desenvolvemento: obter mapas da súa cidade ou vila ou créanos eles mesmos; a continuación, concretar que van situar no mapa: vivendas e casas, zonas verdes, edificios da administración, equipamentos, polígonos, zonas industriais, etcétera. Con cores pintancada zona do mapa e especifican a que zona equivale cada cor (por exemplo: verde para zonas verdes,marrón para zonas industriais, gris para vivendas, etcétera). Na casa: visitar cos pais todas estas diferentes partes ou espazos que conforman as súas localidades; se é posible, visítanse outras vilas e cidades e comparan a distribución. Máis:se coñecen a algún arquitecto ou urbanista, convídano a vir un día á escola e que explique como se deseña unha cidade e que parámetros se teñen en conta.