31 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 9. Industria, innovación e infraestruturas. Na segunda metade do século XVIII tivo lugar a Revolución Industrial e pasouse dunha sociedade e unha economía baseada na agricultura e no comercio, a outra máis urbana, industrial e mecanizada. Máis tarde chegou a Revolución da Información coa televisión e os teléfonos e, finalmente, a Revolución Dixital cos ordenadores, Internet, a telefonía móbil, etcétera. Nos últimos 200 anos os avances da humanidade foron incribles e axudaron a mellorar a calidade de vida das persoas de xeito extraordinario. A industria permite producir en masa para toda a humanidade e alixeira os traballos máis duros e pesados aos humanos. A innovación, en todos os campos e sectores, axudou a crear avances tan importantes como as vacinas, Internet ou as viaxes espaciais. As infraestruturas salvan vidas, proporciónannos a luz, a auga, o gas, as estradas para desprazarnos, a fibra óptica para estar conectados...E isto non queda aquí, as opcións de progreso son ilimitadas. Só hai que seguir traballando con compromiso, esforzo, intelixencia e imaxinación.