29 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Premiamos a quen traballa ben. 19 Obxectivo: o crecemento económico é chave para que as persoas teñan os seus dereitos básicos cubertos, mais este crecemento debe seguir unha regras. Ideas chave: comercio ético, condicións laborais xustas, sistema S de retribucións, incentivos e recompensas á calidade, etcétera. Recursos: tableta, ordenadores, programa Prezzi e Power Point ou semellante. Desenvolvemento: decidir un sistema xusto polo que se premie a quen traballa mellor nun proxecto que vai durar varias sesións. O proxecto consiste en crear “a escola do mañá”, que consegue unha educación para todos, adaptándose a cada neno, a novas materias necesarias e outras non, espazos para xogar, profesores e outras profesións que poden tamén axudar, etcétera. Vós decidídelo.E o importante é que a nota a vaiades decidir vós, valorando canto aportades, traballades e participades. Debe ser xusta e os demais deberán estar de acordo. Na casa: cando vaian de tendas, informaranse primeiro todos xuntos se as empresas onde van comprar pagan salarios xustos, ofrecen boas condicións de traballo aos empregados, repercuten partedos seus beneficios en campañas ou accións solidarias, etcétera. Máis: presentar diante dos compañeiros a súa proposta de empresa e reciben unha nota extra polo seu xeito de facelo. Finalmente, comentar o resultado de “escola do mañá” que lograron deseñar entre todos.