19 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Dereito a ir tranquilos á escola. 12 Obxectivo: erradicar calquera xeito de acoso escolar das aulas e das vidas das crianzas e dos rapaces. SIN Ideas chave: respecto, dereito a ir á escola con liberdade e a mostrarse cada un tal e como é, sen presións nin acoso de ningún tipo. Recursos: cartolinas de cor verde, amarelo e vermello; rotuladores, tesoiras e unha caixa de cartón. Desenvolvemento: coas cartolinas de cores, facer caras contentas, tristes ou sen expresión. Como nos aeroportos ou centros comerciais, estes avalían como se senten cada día ao saír da aula. Coller unha cara contenta, triste ou de “nin mal, nin ben”, dependendo de como lles foi o día e introdúcena na caixa de cartón como se se tratase dunha urna. Na casa: ver algunha película como El Diario de Gregg ou Os Crocodilos, na que aparece algún caso de acoso escolar e falan sobre que opinan desas condutas. Máis: ao final da semana, baleiran as caras que introduciron na caixa. Se hai máis caras tristes ou de “nin mal, nin ben” que caras contentas, comentar que pode estar pasando para que algúns alumnos non se sintan ben na clase. Tamén vos recomendamos cinco apps especificamente creadas para loitar contra o acoso escolar.